Noites Abertas cumpre 15 anos

83

– ESTABILIDADE: programa municipal de ocio xuvenil que cumpre 15 anos ininterrompidos de andadura, dirixido a mozos e mozas de 12 a 30 anos que se atopen na cidade Pontevedra durante as fins de semana. Máis de 5.000 mozos e mozas participan cada ano nas actividades e de forma gratuíta.
– ORZAMENTO: con 105.600€, o 70% está financiado por unha subvención que se acada do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade (73.921€). O orzamento restante é municipal (31.681€ nesta edición).
– PERSOAL: a parte do persoal municipal de Xuventude, no programa traballan 147 persoas (5 persoal de control dos espazos e 142 monitores/as), ademais de 2 persoas usuarias do programa de Voluntariado europeo que veñen de Italia e Hungría.
– CALENDARIO: serán 4 meses de actividade, 15 fins de semana entre o 31 de xaneiro e o 3 de maio (26 noites que se abrirán con espazos de ocio gratuíto).
– ACTIVIDADES: 117 actividades diferentes entre as que se atopan deportes, obradoiros de manualidades, de cociña, ambientais, artísticos, musicais e formativos, ademais de concertos, teatro, danza e outras actividades culturais. Non requiren inscrición previa (decido no momento e vou!), nin cota de inscrición, nin que achegues material. A xente nova pode acudir en grupo coas amistades ou individualmente, están pensadas para compartir un espazo de ocio de forma distendida, lúdica, divertida e construtiva.
– ESPAZOS: 13 espazos serán escenario das Noites Abertas. Principalmente: Colexio Froebel, Casa Azul, Local de Música e Pavillón Multiusos. A maiores tamén haberá actividades en diferentes prazas da cidade, no río Gafos, no Pavillón Municipal dos Deportes e incluso fóra da nosa cidade a modo de excursión.
– PARTICIPACIÓN ACTIVA NO DESEÑO: a xente nova no mes de novembro presentou proxectos-proposta para realizar actividades en Noites Abertas. Das 232 propostas recibidas (182 o ano anterior e 130 no 2012) foron seleccionadas 117 (o ano anterior 92 e 86 no 2012) e rexeitadas 115 ( o ano anterior 90 e 44 no 2012). Na selección priorizáronse as propostas recibidas de asociacións e colectivos xuvenís.
– RENDABILIDADE: o custo do ocio dun mozo ou dunha moza durante todo ese tempo é de 20,30€, polo que podemos dicir que se trata dun programa sociocultural rentable e sostible.
– AS ASOCIACIÓNS E CLUBES: 21 entidades Asociación Astronómica Rías Baixas: observación astronómica , A. C. 105 Besos: desinhibición de rúa, Black Box Project: break, beat box e poesía urbana, A.C. Tralovalo: pandeireta, Trépia: baile galego, Danz ́it.es: danza contemporánea, "Xuntos": programa acompañamento no ocio a persoas con discapacidade intelectual, Asociación Fins: con trapos e trapillos: alfombras, Asoc. Galega de Percutas OMAR: djembé, Asoc. Seiva: o cubo marrón (compostaxe) e deseño dunha horta ecolóxica, Asociación Taller Abierto: iniciación ao interiorismo, Os Chichisos: obradoiro de instrumentos vexetais, Arco Teucro: tiro con arco, CAFyD: torneo de fútbol sala, fútbol 7 e fútbol sala, CCANVIHAR: obradoiro de sexualidade, Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra: esgrima e loita escénica, Escola Xadrez Pontevedra: xadrez, Greenpeace: a horta no teu balcón, fabricación de xabón ecolóxico Llu Llu Teatro: espectáculo promocional de NNAA e Microteatro express, Pontevedra Rugby Club: Rugby para todXs, Vailoporío: anelamento de aves

– OS COLECTIVOS XUVENÍS: 17
17 colectivos de mozos e mozas que non son asociación e se xuntan para propoñer e organizar actividades en Noites Abertas ás que son afeccioados, tales como: torneos, as IV Xornadas de manga e anime, actividades de cociña, skate, longskate, maxia e ilusionismo, TeleNoites, fútbol gaélico….
– PROPOSTAS INDIVIDUAIS: de 32 mozos e mozas
Participantes do programa que dan o salto e propoñen actividades que organizar no marco de Noites Abertas para os seus compañeiros e compañeiras e porque é o que saben facer, o seu traballo, a súa afección, ou simplemente, unha habilidade que teñen e desexan compartir.
– AS EMPRESAS: 15
15 empresas de servizos socioculturais, publicitarios e algunha máis específica. A maioría composta por xente nova e de Pontevedra: Abrakadabra, Anias, Cometa Coaching, Conforocio, Estouche Ben! Centro de Terapias, Etnoga, patrimonio cultural, Fixed and single, Fogar12Fogar, Ibuprofeno Teatro, La Clínica del Masaje,
Nova Xestión Cultural, Rei Zentolo,Risotadas, Todo Eventos Galicia e Ventos, estudos ambientais.

Ver documento PDF