Moi avanzadas as obras do novo abastecemento da ría, na marxe dereira

72

Técnicos municipais do Concello de Pontevedra e técnicos de Acuaes mantiveron esta mañá unha reunión de seguimento do proxecto do novo abastecemento de auga potábel aos concellos da ría de Pontevedra. Neste encontro confirmouse que as obras da marxe dereita da ría (Sanxenxo-Poio-Pontevedra) "están moi avanzadas", segundo confirmou esta mañá o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera.
O concelleiro explicou que está rematado o paso baixo o río Lérez, a ampliación da potabilizadora, a construcción do novo depósito de Mourente e practicamente concluída a conexión con Pontillón.
Mosquera explicou que en algún momento será preciso parar a captación da estación de bombeo, polo que haberá un tempo no que se servirá auga directamente de Pontillón. Este traballo é necesario para facer un cambio do vello bombeo ao novo. De todos os xeitos, César Mosquera explicou que se trata dunha cuestión meramente técnica e que non terá repercusión algunha nos fogares, como cada vez que se capta de Pontillón. De todos os xeitos, informarase previamente cando se produza esta situación.
O concelleiro de Infraestruturas explicou que as obras da marxe dereita da ría "sairon adiante sen grandes problemas", tendo en conta que se tratan de proxectos dunha grande envergadura "e estas sobras sempre teñen a súa complicación".