Mañá pola noite, sesión extraordinaria de Cantos de Taberna no barrio da Parda

70

A Concellaría de Festas e o grupo Maravallada organizan mañá, venres, 4 de xullo, unha sesión extraordinaria de Cantos de Taberna. Por vez primeira, esta exitosa fórmula de recuperar os cantos de amizade nos bares e tabernas, saen do centro da cidade para coñecer os barrios. Por este motivo, este vernes, dende as 21.00 horas o grupo Maravallada animará a cantar aos veciños da Parda nos bares Palenque e Piris, ambos na rúa Mestre Soutullo.
Maravallada visitará de 21.00 a 22.30 horas o bar Palenque, e de 22.30 a 00.00 horas o Piris. Con esta sesión extraordinaria pecharase o calendario de actuacións do curso, e Cantos de Taberna descansará até as festas do verán, cando se organice unha nova campaña con motivo das Festas da Peregrina.
A concelleira Carme da Silva xa anunciara na presentación do programa deste ano, que un dos obxectivos do departamento de Festas era tratar de deslocalizar os Cantos de Taberna e achegalos aos barrios da cidade, para que todos os veciños de Pontevedra poidan gozar esta actividade.
Xa daquela anunciábase que esta experiencia piloto sería no barrio da Parda. A intención da Concellaría é ir estendendo, pouco a pouco, esta actividade polos barrios do centro urbano.