Actualízate

21 de Maio de 2012Pontevedra

Máis de 30 rúas mellorarán o seu estado con traballos de mantemento e reparación nos próximos catro meses

19 de Febreiro de 2012

Nos vindeiros catros meses a cidade de Pontevedra vivirá unha explosión de pequenas obras de conservación, mantemento e reparación dos espazos públicos urbanos. En arredor de 30 rúas veranse traballos de reposición de lousas, reparación de calzadas, de beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas, mellora da sinalización viaria… xunto a outros pequenos traballos que permitirán ampliar a vida útil dos espazos públicos a través do seu coidado e do mantemento en bo estado.

O Concello, a través da concellaría delegada do ámbito urbano, que xestiona Luís Bará, executará este compromiso do Goberno local de manter os espazos públicos nun bo estado de uso, a través de pequenas actuacións para mellorar o estado das vías e das beirarrúas; mellorar a accesibilidade coa eliminación das barreiras arquectónicas; ou mellorar a seguridade viaria, especialmente nos centros escolares e en puntos perigosos.

Aínda que poidan haber outros traballos que poden ter cabida nesta campaña, as obras que escolleu a Concellaría están priorizadas polo mal estado dos espazos públicos, e tamén atendendo ás demandas veciñais.

A Concellaría que xestiona Luís Bará executará arredor de 450.000 euros de aquí ao final de ano nestes labores. De feito, combinará o contrato anual de mantemento do centro histórico de 100.000 euros, co traballo diario das Brigadas municipais (arredor de 8 operarios), xunto a un novo contrato de mantemento dos espazos urbanos de máis de 230.000 euros.

Os traballos faranse ao longo do ano en diferentes fases (tendo en conta datas sinaladas como as festas). Na primeira fase, que comeza mañá mesmo e prolongarase até o verán, está previsto incluír as seguintes obras:


Centro histórico:

1. Rúa Michelena, entre praza de España e a Porta de Trabancas: reparación dos pavimentos: lousas rotas, pequenos afundimentos, canalizacións de pluviais…). Estes traballos comezaron esta semana, pero se suspenderán durante o entroido, tendo en conta que nas empresas da construción non se traballa de luns a mércores por convenio.
2. Padre Luís con Pasantería: Reparación de pavimentos (lousas rotas ou inestables).
3. Eirado de Alvar Páez e Tristán de Montenegro (zona de Santa María): reparación de pavimentos.
4. Substitución progresiva de arquetas por trampillóns (divididos en cuadrículas e máis resistentes ás roturas) nas rúas Real, praza de Curros Enríquez e Sarmiento.
5. Reparación de mobiliario urbano no centro histórico.
6. Rúa Serra: Reparación de alcorques de protección de árbores.
7. Conservación de zonas verdes no centro histórico: Avenida Santa María e Campiño de Santa María.

Nas actuacións do centro histórico as actuacións responden a necesidades xerais de conservación e de mantemento deste espazo e a demandas dos colectivos veciñais da zona.


Ensanche e resto da cidade:

1. Praza de Barcelos: reparación de pavimento en mal estado (afundimentos) na zona de acceso ao parquing
2. Perfecto Feijoo con San Antoniño: reparación de pavimento en mal estado (afundimento).
3. Padre Fernando Olmedo: mellora da accesibilidade no último treito da rúa, nas proximidades de Casimiro Gómez.
4. Avda Bos Aires: instalación de morróns de protección fronte centro de adultos (antigo maxisterio).
5. Contorno da igrexa parroquial de Campolongo: reparación de pavimentos deteriorados.
6. Avda de Lugo: reparación de pavimento na rotonda con Xoán Carlos I
7. Prudencio Landín: reparación de pavimento no encontro con Xeneral Martitegui
8. Alfonso XIII: instalación de morróns de protección na beirarrúa.
9. Avda Raíña Victoria: reparación de pavimento e de arquetas na zona entre Rosalía de Castro e o acceso a Pastor Díaz
10. González Besada: reparación do pavimento final da rúa coa praza de Galicia.
11. Praza de San Xosé: reposición de morróns de protección na beirarrúa.
12. Campo Santo e Abundancia: actuacións de mellora da accesibilidade e da seguranza viaria coa instalación de pasos de peóns elevados. Esta é unha petición da Asociación de veciños e da ANPA da Escola infantil da Parda.
13. Celso Emilio Ferreiro: paso de peóns elevado entre o colexio A Xunqueira I e a Escola de Idiomas. Instálase a petición da comunidade escolar.


Os traballos que executarán as Brigadas de obras municipais que xa están a realizar son:

1. Paseo de Valle Inclán e contorno: traballos de reparación de lousas e bancos. As brigadas xa están a traballar dende esta semana.
2. Xeneral Rubín: eliminación de barreiras ao lado da ponte sobre o río dos Gafos. Un traballo que se fixo esta semana e xa está rematado.
3. A Moureira: reparación de lousas, alcorques, eliminación de barreiras
4. Avenida Raíña Victoria: reparación de lousas e lastro na beirarrúa no paso de peóns no acceso a parquing da Alameda.
5. San Antoniño: reparación de beirarrúas e protección de mobiliario urbano, árbores...
6. Loureiro Crespo (entre o asilo e a avenida de Lugo): reparación de lousas e eliminación de barreiras.
7. O Burgo (avenida da Coruña e Juan Bautista Andrade): reparación de beirarrúas.

Os traballos propiamente de reparación iranse complementando con outras actuacións como a sinalización viaria das rúas da cidade que comezará na primavera, a instalación de novas papeleiras no centro histórico e no ensanche, a retirada de mobiliario urbano deteriorado, paneis de obra, ferranchos..., comunicación a empresas privadas para que reparen elementos urbanos privados que se atopen en mal estado...

A concelleira de Igualdade, Lola Dopico, deixa o Concello
O Concello pide á Xunta autorización para pór medidas de seguranza viaria e accesibilidade na estrada de Marín
As tasas de delincuencia en Pontevedra están en cifras de "resistencia"
Éxito de público nas xornadas de portas abertas do CITA con motivo do Día internacional dos museos
A Concellería de Turismo actualiza a caseta informativa da praza de España converténdoa nun “collage” de espellos
O Concello quere pagar a proveedores en 30 días
Pontevedra acolle o “II Torneo Minibasket”, coa participación de 250 rapaces pertencentes a 11 clubs da provincia
A visión dos alumnos dos institutos da cidade sobre as condutas aditivas exposta no Concello
Antón Louro asina o convenio para o financiamento da quinta fase da Área de Rehabilitación de Estribela
Benestar organiza o curso “A arte como recurso” para profesionais das asociacións da cidade
Pequenas suturas ao alcantarillado para eliminar residuos
21 de Maio de 2012

[...]

Ampla oferta cultural para esta fin de semana en Maio, mes da lingua
18 de Maio de 2012

[...]

Saída de Natureza sobre rodas á Xunqueira da Gándara
18 de Maio de 2012

[...]

Obradoiro de cantos de arrolo en Maio, mes da lingua
17 de Maio de 2012

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 21.05.2012 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 20.02.2012 polo Concello de Pontevedra.