Jaime Blanco e o Cine Club, gañadores do Cidade de Pontevedra 2014

164

O xurado cualificador acordou esta mañá por unanimidade que os gañadores dos premios Cidade de Pontevedra 2014 son:

•  Modalidade de persoa física: Jaime Bernardo Blanco Dios, que presentou a candidatura a proposta da Asociación Andarís do Val do Lérez e conta con seguintes apoios:
• AA.VV. Eduardo Pondal
• AA.VV. O Castro-Mourente
• Asociación Sociocutural Cedofeita
• Comunidade de Montes de Lourizán
• CEIP San Benito de Lérez
• AA.VV. San Roque
• Club de Taekwondo Mace Sport
• Modalidade de persoa xurídica: Cine Club Pontevedra, a proposta da Asociación Cultural Xen.

A presidenta do xurado, a concelleira Anxos Riveiro explicou que, por unanimidade do xurado, "puxo en valor as virtudes de todas as persoas e entidades presentadas. Todas e cada unha delas supoñen un orgullo para a cidade que estean desenvolvendo o seu labor cultural, deportivo e divulgativo na nosa cidade". E concluíu afirmando que "é impresionante que cada ano nos prové de persoas ás que poder premiar orgullosamente e dicir que son dignas gañadoras deste premio".