Importante ocupación da praia fluvial do Lérez no verán, a pesar do mal tempo

61

Rematado o período estival, o Concello de Pontevedra acaba de recibir o habitual informe realizado por Transgalaica, a empresa de socorristas que traballa no areal do Lérez durante os meses de xullo e agosto, así como parte de xuño e setembro.
No informe conclúese que a ocupación da praia foi menor que en anos pasados, dado que non acompañou o tempo durante os meses de vacacións. Sen embargo, os días que viñeron bos (de praia) o areal tivo unha ocupación moi elevada.
A estatística fíxose só tendo en conta os días bos (os de suficiente sol como para ser considerados días de praia), dado que houbo días de cero persoas (todos os de chuvia, por exemplo) e facer unha media suporía desvirtuar o uso da praia durante o verán.
Atendendo aos datos da empresa as afluencias medias por quincena foron as seguintes:

Franxa horaria/Quincena 2ª xuño 1ª xullo 2ª xullo 1ª agosto 2ª agosto
12.30-16.30 120 180 190 170 140
16.30-20.30 350 410 510 460 380

Outro dos cometidos do posto de socorrismo é a atención aos usuarios da praia. Neste verán producíronse as seguintes atencións:
• Feridas e hemorraxias leves: 32
• Picaduras de insectos (principalmente insectos): 102
• Estraccións de espiñas, cristais ou corpos estranos na pel: 12
• Golpe de calor: 3
• Outros: 16
Para que a praia estivese en perfecto estado de uso durante o verán, a Concellaría de Parques fixo diversas melloras na primavera en distintos servizos (baños, módulo de socorrismo…) e un mantemento diario durante todo o verán. A Concellaría manterá esta liña de actuación de cara ao vindeiro verán.