Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas

100
Todo o que arrodea ás técnicas de compostaxe será obxecto dunhas xornadas informativas que se realizarán próximamente en Pontevedra. Este é o resultado das xestións realizadas entre responsables da Deputación e o Concello ante as demandas de información por parte de algúns veciños, relacionadas coa futura pranta de compostaxe a ubicar na Canicouva. Ás sesións poderán asistir todas as persoas e colectivos que o desexen.
 
Así o manifestou o portavoz do Goberno Local, Raimundo González Carballo, na súa comparecencia habitual dos luns. Segundo recolle o protocolo institucional asinado coa Deputación, o concello tiña a obriga de ofertar unha ubicación axeitada, que contase con todos os parabéns técnicos e coa colaboración dos veciños. Tamén se requería que non estivese perto de núcleos habitados e que non afectase a captacións de augas, aspectos todos eles que conflúen nos terreos da Canicouva elixidos para este fin.
 
Serán os técnicos da Deputación os que como até agora definen as características requeridas en todo o proceso de construción da futura pranta de compostaxe.