Curso de poda de árbores froiteiras no Local Social de Tomeza

73

O Concello de Pontevedra inicia este xoves, 21 de marzo, un Curso de poda de froiteiras na parroquia de Tomeza.
O curso desenvolverase no Local Social de Tomeza os días 21 e 23 de marzo a partir das 20.30 horas. As persoas interesadas poderán anotarse na Asociación de Veciños San Cibrán.
En colaboración coa Federación Rural Galega e a Asociación Galega de Viticultura, o Concello oferta este curso a todos os veciños de Tomeza, cunha inscrición gratuíta.