Continúa o Yes, we can coa xornada de adestramento para cans e o chipeado

76

A Concellaría de Sanidade Animal organiza este sábado, 14 de xuño, unha xornada de adestramento para cans, cun adestrador canino. Comezará cunha sesión teórica na Casa das Campás de 10.30 até 14.00 horas. O adestrador abordará temas como comprar ou adoptar un can, a chegada do can á casa; o cachorro, a importancia da súa socialización; os instintos; o aprendizaxe; o adestramento con Clicker; ou os principais problemas condutuais dos cans.
A asistencia ás sesións teóricas son obrigatorias para poder acudir ás sesións prácticas que serán no parque para cans situado no ENIL da Xunqueira de Alba, de 17.00 até 19.00 horas.
Esta actividade require inscrición previa no teléfono 986 80 43 00 ext. 7584.

Chipeado de cans

O chipeado de cans é outra das actividades incluídas no programa Yes, we can. A primeira acción será este venres, 13 de xuño, a partir das 16.00 horas, no baixo do Concello (edificio Michelena, 3) onde se chipearán uns 20 cans.
Este domingo 15 de xuño, será o chipeado de cans nas parroquias de Marcón e Xeve. En Marcón será pola mañá a partir das 10.30 horas, na Casa da Cultura, no que serán chipeados arredor de 11 cans.
Pola tarde, o chipeado será na parroquia de Xeve a partir das 16.00 horas no novo local social de Santa María, onde serán chipeados uns 6 cans.
Ambas actividades forman parte do programa Yes, We can, programa que pretende concienciar á xente no respecto polos animais e a normal convivencia entre posuidores de cans e demais veciños.