Continúa a campaña Yes, we can coas andainas con cans e unha xornada de adestramento

57

A Concellaría de Sanidade Animal organiza este domingo a segunda saída das andainas con cans, acompañados dun adestrador canino polo Pontillón do Castro. O punto de encontro será a zona de estacionamento do Pontillón, ás 09.30 horas. As persoas interesadas en participar nestas andainas (na primeira saída asistiron 20 persoas cos seus cans) deberán facer unha inscrición previa no teléfono 986 80 43 00 ext. 7584. Poderán participar uns 20-25 cans -por ruta- acompañados por un adulto.
No mesmo número de teléfono haberá que inscribirse para participar na Xornada de adestramento canino que a Concellaría de Sanidade Animal organiza dentro da programación Yes, we can. Será o vindeiro 14 de xuño e consistirá en charlas teóricas pola mañá e sesións prácticas pola tardes.
As charlas teóricas celebraránse na Casa das Campás dende as 10.30 até as 14.00 horas, terán unha duración de un hora cada sesión e abordarán temas como comprar ou adoptar un can; a chegada do can á casa; o cachorro, a importancia da súa socialización; os instintos; o aprendizaxe; o adestramento con Clicker; ou os principais problemas conductuais.
Á parte práctica desenvolverase pola tarde en grupos de cinco alumnos por clase, e só poderán participar aqueles que asistiran pola mañá ás clases teóricas.
Día da adopción
O concelleiro delegado de Sanidade Animal, Miguel Filgueira presentou esta mañá, tamén, o Día da adopción que se celebrará o vindeiro 21 de xuño (aprazouse polo mal tempo) na praza de Ourense. O seu obxectivo é achegar aos pontevedreses os beneficios e as bondades da adopción de cans e gatos.  Miguel Filgueira destacou que o abandono de animais é o principal problema da Concellería, e xunto a asociación e protectora animal “Os Palleiros”, Adopciones Galicia e Difusión Felina instalarán na praza de Ourense, de 11h ás 20h, unha mesa informativa e un mercadillo benéfico. Todo o recaudado destinárase a cubrir os costes que afrontan as asociacións polo coidado e mantemento dos  animais.
Voluntarios das asociacións ofrecerán información sobre os beneficios de adoptar e non mercar, darlle unha nova oportunidade aos animais abandonados e concienciar a xente da responsabilidade que supón.
Ao respecto da campaña de chipeado, a Concellaría iniciará o vindeiro domingo, 15 de xuño, o chipeado de cans na parroquia de Marcón. Será na Casa do Pobo. Tamén está previsto facer unha sesión de chipeado en Santa María de Xeve así como no baixo do Concello (edificio de Michelena, 3) durante unha tarde.
O que si comezou é a campaña nas clínicas privadas que colaboran coa campaña e coas que a Concellaría ten concertados estes chipeados.
Precisamente, o concelleiro anunciou esta mañá que dende o Concello  deuse unha alerta ao Seprona en relación aos cazadores que chipean os seus cans pero que non se dan de alta no Concello, polo que si se produce un abandono ou estravío non se pode dar cos propietarios.