Construción de beirarrúas na marxe esquerda da desembocadura do Gafos

65

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana os traballos de construción das beirarrúas na desembocadura do río Gafos. O concelleiro de obras urbanas, Luís Bará explicou que os cambios de tráfico que se implantaron na zona funcionan ben, polo que agora é o momento de comezar a construción das beirarrúas na marxe esquerda da desembocadura (no lado da Confraría). 

Construiranse as beirarrúas na beira do río e tamén se instalará unha baranda. Na actualidade os coches aparcaban na beira do río. A continuación tamén está previsto habilitar unha zona de estacionamento e logo manter a calzada, polo que só se manterá un carril de circulación. No final da vía, na zona máis próxima á avenida de Marín a estrada perde ancho polo que se instalarán morróns para delimitar a zona peonil da calzada.

Luís Bará explicou que o vindeiro mércores manterá unha reunión cos veciños do Monte do Taco e desta zona para explicarlle estes proxectos e tamén as propostas que o Concello ten para esta zona dentro do plan +Boavila. Así como para recoller as suxestións dos veciños.