Conferencia de Ana Cabana sobre mulleres e protesta social no franquismo

73

"Mulleres diante. Unha revisión da protesta social nas primeiras décadas do franquismo na provincia de Pontevedra dende a perspectiva de xénero" é o título da conferencia da historiadora Ana Cabana que terá lugar o venres 16 de xaneiro de 2015 ás 20 horas na Casa das Campás (sala da planta baixa).
Organiza a Concellaria de patrimonio histórico do Concello de Pontevedra dentro da programación A memoria das Mulleres.
Ana Cabana Iglesia (Castro de Rei, Lugo, 1976) é Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2006) con Premio Extraordinario, coa tese Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1960), dirixida polo Profesor Lourenzo Fernández Prieto. Actualmente é profesora contratada doutora no Campus de Lugo da USC.
Completou a súa formación con estadías en diversos centros de investigación como o Centro de Etnoloxía Portuguesa (Universidade Nova de Lisboa), a London School of Economics e a Universidade Autónoma de Madrid.
As súas liñas de investigación son: historia contemporánea, historia agraria, historia rural, historia de Galicia.