Concello e Xunta abren unha liña de colaboración para clarexar o futuro das sedes autonómica na cidade

59


Os concelleiros de Urbanismo e Patrimonio Municipal, Antón Louro e Vicente García Legísima mantiveron esta mañá en Santiago unha reunión na Secretaría Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para abordar o futuro das sedes que a administración autonómica ten na cidade.

Esta reunión serviu para abrir unha liña de colaboración e diálogo entre as dúas administracións para clarexar o futuro das sedes da Xunta de Galicia en Pontevedra.