Concello e Deputación colaboran para construír unha planta de compostaxe

43

O Concello de Pontevedra e a Diputación provincial asinarán proximamente un protocolo de actuación para a posta en marcha dunha planta de compost, á que Pontevedra levará os seus residuos orgánicos. Así o anuncio o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera (tamén deputado provincial) quen explicou que neste momento estase a traballar na redacción do protocolo, mentres a Deputación traballa xa na elaboración do plan de viabilidade da planta.

Neste acordo tamén está contemplada a integración do monte comunal, xa que los restos do monte son un elemento esencial para facer un compost de calidade, así como a necesidade de facer unha boa separación dos residuos orgánicos en orixe, xa que permitiría baixar moito os custes desta planta.

César Mosquera explicou que o Concello está disposto a manter o seu contrato con Sogama, tal e como fixo sempre, e tamén descartou a posibilidade de que Pontevedra se integre no consorcio plantexado pola Deputación, dado que o servizo de recollida e limpeza de Pontevedra, non se oferta por parte dese consorcio.

O Concello e a Deputación decidirán conxuntamente a situación da planta, que tería unha proximidade relativa ao Concello de Pontevedra. A planta podería tratar arredor de 50.000 toneladas de residuo orgánico ao ano, das cales 29.000 procederían do monte  e o resto dos concellos que contribúan a ela.

De todos os xeitos, os datos concretos non se coñecerán até que a Deputación remate o plan de viabilidade da planta de compostaxe.