Comezan as xornadas profesionais de traballo no rural: Estruming days

60

A sede do CSIC na Misión Biolóxica de Salcedo acolle mañá, ás 17.00 horas, a primeira sesión do programa Estruming days, organizado polo Concello a través da Concellaría do rural que xestiona Demetrio Gómez. Estruming Days é un espazo de networking, intercambio e formación para profesionais que aproveiten, dinamicen e/ou traballen o rural galego cunha mirada actual e global.
As xornadas van dirixidas a empresarios e emprendedores, entidades sociais e asociacións, empresas en activo e proxectos en incubación, que estean a traballar no rural ou que traballando xa en vilas e cidades.
O programa consta de tres sesións: unha mañá pola tarde e as outras dúas nos meses de outubro e novembro. A xornada de mañá celebrarase entre as 17.00 e as 21.00 horas e está centrada na investigación e innovación e leva por título “Aplicar o I+D+i como valor engadido aos recursos locais e naturais”. As empresas convidadas: son Orballo Innovaciones Forestales con Gerardo Lagares, e 
 Bodegas Fermenta con Roberto Taboada.
Ademais da exposición das empresas convidadas, farase unha rolda de preguntas e mesas de traballo para extraer unhas conclusións.
Máis información en estruming.com