Comeza a conexión do lugar da Granxa, en Mollavao, á rede xeral de sumidoiros

43

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana os traballos de instalación da rede de sumidoiros no lugar da Granxa, en Mollavao. Grazas a unha longa xestión por parte da concelleira delegado do barrio, Carmen Fouces foi posíbel a conexión da rede xeral realizada dende hai meses e cun custe de 20.000 euros, coas vivendas agora beneficiadas desta actuación.
A segunda fase, que foi posíbel ao chegar o Concello a un acordo cun particular, ten un investimento duns 30.000 euros e permitirá conectar á rede xeral de saneamento a unhas seis vivendas.
Con esta obra complétase o saneamento do núcleo de Mollavao.