Colaboración entre Belas Artes e o Concello para celebrar o 25 aniversario da facultade

86

A Concellaría de Cultura e a Facultade de Belas Artes iniciarán neste curso unha estreita colaboración para realizar intervencións artísticas permanentes en distintos puntos da cidade con motivo da celebración do 25 aniversario da facultade, como xa se fixo en Monte Porreiro ou na avenida de Agusto García Sánchez.

Este anuncio fíxose esta mañá na presentación do catálogo da exposición Do final e do comezo 2014, a exposición de 35 graduados de Belas Artes en Pontevedra que estivo acollida na sala de exposicións do Pazo da Cultura durante todo o verán. Segundo explicaron a concelleira de Cultura e o decano da facultade de Belas Artes, o obxectivo é facer partícipe á cidade das creacións da escola, un dos propósitos do Plan Boloña: que a universidade se abra á sociedade.