Cifras pouco alentadoras no ámbito da violencia de xénero

38

A Concellaría de Muller presentou esta mañá a memoria do Centro de Información á Muller (CIM) 2013 que desenvolve unha actividade dirixida a toda a población, especialmente ás mulleres, con ou sen conflictos, aínda que destacan especialmente os primeiros casos.

A concelleira Carmen Fouces explicou que no ano 2013 realizáronse 1.435 consultas a 1.052 persoas diferentes: 1.001 mulleres e 51 homes. Destas persoas o 79% son da área urbana, o que permite concluir a necesidade de espallar a información sobre a muller ao ámbito rural. E por tramos de idade, o 55% teñen entre 36 e 55 anos, o 37% están casadas e con fillos, e o 29% non teñen fillos.

A atención maioritaria, o 62% foron consultas psicolóxicas ou terapéuticas, e o 26% do ámbito xurídico.

Carmen Fouces destacou que das persoas que se achegaron ao CIM, incrementou en máis dun 10% a porcentaxe de mulleres novas, incluso menores, (16-25 anos). Todas estas mozas acudiron ao CIM cunha denuncia previa ou cunha orde de protección. A concelleira destacou que é este motivo o que fai que todas as campañas de prevención están orientadas a este sector de poboación.

Continuando cos datos, o 74% das mulleres son paradas, de aí que a independencia económica sexa crucial, e o 45% das consultas son de persoas que teñen estudos medios ou universitarios.

Centrándose nos datos de violencia de xénero, a concelleira resumiu que 129 casos atendidos no CIM, 114 foron por violencia de xénero dentro da parella. Do total de casos, 38 xa presentaran denuncia por maltrato físico e tiñan orde de protección, e 31 caos achegáronse por se un caso de maltrato psicolóxico sen denuncia.

Na área xurídica atendéronse 370 casos: 26% do dereito familiar; 97 casos foron de dereito penal, e 75 acudiron á xustiza gratuíta.

Carmen Fouces concluíu que "non son bos casos, nin alentadores" polo que confirmou que a área de muller será prioritaria "porque é necesario facer un esforzo para achegarse ao mundo do rural".