Apoio á marcha organizada pola Defensa da Ría

70

A Xunta de Goberno Local acordou esta mañá apoiar e chamar á cidadanía a participar na manifestación convocada para este sábado, 21 de xuño, convocada pola Asociación pola Defensa da Ría pola recuperación da ría e a saída do complexo fabril de Lourizán.

Tamén acordaron instar ao Goberno Central a que non conceda a prórroga a Ence-Elnosa máis alá do 2018.