Adxudicados os cabalos á única persoa que se presentou á poxa

48

A sala de reunións do edificio de Churruchaos do Concello acolleu finalmente a poxa dos cabalos prevista para esta mañá ás 12.00 horas. Presentouse unha soa persoa que foi á quen se lle adxudicou o lote da egua e da poldra por 70 euros, tal e como estaba fixado no prezo de saída.

Os cabalos entregaranse nuns días unha vez que se elabore o decreto de Alcaldía que confirma administrativamente a adxudicación dos cabalos.

Cabe lembrar que estes dous cabalos foron recollidos por un veciño de Ponte Sampaio, que estaban facendo destrozos na súa finca. A Policía Local achegouse ao lugar para recoller aos animais e poñelos a disposición da Concellaría de Medio Ambiente, que logo de facer pesquisas non chegou a dar cos propietarios dos animais. Finalmente, acordou sacalos a poxa.