Adxudicación inicial do desdobramento da avenida de Vigo

55

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación inicial do proxecto de desdobramento da avenida de Vigo á UTE Covsa-E.C.Casas por un valor de adxudicación de 3.782.000 euros.

Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González, as melloras que ofertan as empresas están contabilizadas en 1.131.613 euros nas que se inclúe a reurbanización do primeiro tramo da avenida de Vigo, a reurbanización da avenida da Estación, a continuidade da senda do Gafos, o acondicionamento dun paso peonil entre a avenida de Vigo e a avenida da Estación, a mellora da rede de augas pluviais e a construción de pasos de peóns sobreelevados.