A organización “Chinese Friendly” inclúe Pontevedra nunha reportaxe sobre os destinos gastronómicos no Norte de España

61

A concelleira de Turismo, Carlota Román, recibiu onte á xornalista china Penny Dai, representante do consorcio empresarial “Chinese Friendly Internacional” encargado da acreditación dos destinos e empresas “amigas dos chinos”. Dai está a realizar unha reportaxe, baixo o título "Peregrinación polos padais do Norte" no que aparecerán os principais destinos gastronómicos desta parte de España. A publicación está patrocinada por "Chinese Friendly" e Turespaña.

Dai participou despois nunha visita guiada polo Centro Histórico da cidade, no que coñeceu algúns dos puntos máis relevantes da historia e o patrimonio.

Carlota Román está a manter contactos con “Chinese Friendly Internacional”, unha marca rexistrada nos 27 países da Unión Europea, xunto con Brasil e India. Actualmente está a rexistrarse tamén nos Estados Unidos. Está formada por socios individuais e o seu capital e nun 100% privado.

Dedícase a cualificar destinos, cidades e empresas do sector turístico (axencias, hoteles, restaurantes, comercio…) e axúdaas a formarse e a introducirse na comunicación no mercado chino.

A filosofía empresarial de “Chinese Friendly” baséase especialmente na colaboración entre os sectores público e privado, un aspecto no que Pontevedra ten incidido especialmente dende a creación da empresa municipal “Turismo de Pontevedra”, que tamén deu pé, á súa vez, á posta en marcha das oficinas de Congresos e Film Commission, nas que a presenza do sector privado é fundamental.

En España tan só Sevilla e Zaragoza teñen acadado a etiqueta de “cidades amigas dos chinos”. O proceso, que dura máis dun ano, inclúe un plan de formación, perfilado do produto, un plan de calidade e outro de comunicación.

“Chinese Friendly” tamén mantén unha colaboración estable con Turespaña e Renfe e varias importantes empresas españolas.