A Mesa xeral de negociación do Concello apoia a Ana e Tamara

0

O Concello de Pontevedra acolleu esta mañá unha reunión da Mesa xeral de negociación do Concello na que están representadas os sindicatos CC.OO, UGT, CIG e CSIF, ademais da administración.
Na Mesa acordaron dar un amplo apoio a Ana González e Tamara Vidal, as traballadoras condenadas a prisión por participar nas actividades dun piquete sindical durante unha xornada mobilización, agardando que a cordura impere para que de ningunha maneira teñan que cumprir esa sentenza que pode ser axustada a Dereito, pero é inxusta a todas luces.