A Mesa da violencia pide un acordo con Fiscalía sobre os acordaos xudiciais

61

O Concello de Pontevedra reuniu esta mañá a Mesa da violencia de xénero da que participan varias institucións e entidades da cidade (Concello, Xunta, Policías, Colexio de Avogados,…), da que se sacaron as seguintes conclusións, segundo informou a concelleira de Muller, Carmen Fouces:

  • Promover un acordo coa Fiscalía (do ámbito xudicial nunca acudiu ningún representante a estas reunións) para intentar parar os preacordos xudiciais xa que deixan desprotexidan á vítimas. Carmen Fouces explicou que a prioridade deben ser os dereitos das vítimas, independentemente  dos tempos ou estratexias xudiciais para mellorar os ratios de resolución de casos.
  • A creación dun protocolo de actuación que abranga todo tipo de violencia (xénero, sexual, familiar, redes sociais…) unificando todos os protocolos, buscando os puntos de conexión, e mellorando a operatividade nos casos concretos, de tal xeito que a intervención dos axentes implicados en cada momento sexa o máis áxil.
  • A decisión de trasladar á Xunta os parabéns da mesa por personarse como acusación popular no caso da morte da muller xitana. Logo desta morte, houbo outros dous casos máis en Galicia, polo que a Mesa solictítalle que continúe nesta liña aberta e siga sendo acusación particular no caso de mulleres falecidas a mans das súas parellas.
  • Na reunión tamén se fixo un repaso a todas as accións desenvoltas polo Centro de Información á Muller durante o pasado ano.