A memoria da Policía Local confirma a baixa accidentalidade no concello

55

O Concello de Pontevedra presentou esta mañá o primeiro avance da memoria 2013 da Policía Local que revela que o nivel de accidentalidade é moi baixo, "aínda que debemos seguir traballando para continuar baixándoo", explicou a concelleiro de Seguridade cidadá, Carme da Silva na súa presentación. Tamén resaltou que o obxectivo é seguir diminuíndo o número de feridos graves e mantendo en cero as vítimas mortais.

Carme da Silva explicou que a memoria revela que descende nun 15,4% o número de denuncias por infracción de tráfico tramitadas pola Policía Local, pasando de 16.202 en 2012 a 13.707 en 2013.

A este respecto, a memoria desvela que non se detectan problemas de exceso de velocidade no viario urbano, no que incide directamente os lombos e reductores de velocidade instalados. De feito, en todas as zonas tratadas con este tipo de medidas disuasorias estructurais é onde menos accidentes se producen, especialmente, no centro histórico e no centro urbano.

Ademais, nestas zonas tratadas con novas medidas de seguridad tamén redúcense significativamente o número de infraccións, unha tendencia que o Goberno confía en continuar no futuro. E desto despréndese o elevado nivel de cumprimento da norma por parte dos conductores que circulan por Pontevedra.

Accidentes de tráfico

No relativo aos accidentes de tráfico descende o número de sinistro até os 823 (en 2012 foron 845). Nos últimos anos, Pontevedra mantense nunha franxa de 800 accidentes ao ano. Carme da Silva destacou o interese do Goberno local continuar que sigan baixando estas cifras, aínda que son datos realmente baixos en relación a outras cidades do tamaño de Pontevedra.

Os accidentes con feridos foron 148, dos cales 170 non precisaron asistencia hospitalaria e 14 si. A concelleira volveu a incidir en incrementar os esforzos para continuar baixando os feridos graves e os leves.

Carme da Silva tamén fixo un chamamento ao resto de administracións que teñen viario no Concello de Pontevedra para que adopten medidas estruturais no viario para reducir o número de accidentes, porque aínda que os datos do Concello son relativamente bos, a provincia de Pontevedra está entre as de maior siniestralidade do Estado.

Sobre os atropelos, que foron 45 en 2013, precisaron asistencia hospitalaria 4 persoas fronte aos 12 de 2012.