A Liga Nacional de Billarda chega a Campolongo

65

O parque da Constitución de Campolongo acolle este sábado a segunda competición da Conferencia das Rías Baixas da Liga Nacional de Billarda. Segundo explicaron esta mañá no Concello os organizadores da Liga, esta está integrada por tres Conferencias: Rías Baixas, Noroeste e Sur, na que compiten 483 persoas (o pasado ano).

É unha liga aberta, que aínda que se compite por equipos calquera persoa que quera pode inscribirse para participar. Na Conferencia Rías Baixas na primeira competición tiveron 72 xogadores, e na segunda 103 inscritos. Esta Conferencia disputa 16 xornadas

A Conferencia Rías Baixas organiza este sábado a segunda xornada deste ano, que comezará ás 16.30 horas na praza da Constitución (as inscricións serán media hora antes de iniciarse a competición).

Paralelamente, o grupo Lembranza galega integrado por cinco mozos porá en marcha o proxecto billarda que amosarán a calquera persoa que o desexe como se xoga á billarda. Será o venres e sábado dende as 19.00 horas no parque da Constitución.