A licitación o novo local social de Tomeza

100

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a apertura do proceso de licitación da rehabilitación integral da antiga escola unitaria de Lusquiños, en Tomeza, para transformarse nun novo local social, ao incorporar as instalacións da antiga casa do mestre.

O proceso de licitación parte de 167.863 euros, dos cales 100.000 se investirán nesta anualidade e o resto en 2015, segundo informou o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo.

Tamén se abriu o proceso de licitación do suministro continuado de vestiario para a Policía Local por valor de 261.000 euros e por un período de 4 anos; así como a rehabilitación integral do Camiño da Rociña, no lugar de Pontillón, na parroquia de Verducido por 134.860 euros.

Na Xunta de Goberno tamén se adxudicou un vehículo furgón para rescate acuático por  117.793 euros, así como as reformas das rúas Víctor Cervera Mercadillo, Álvarez Limeses e Blanco Porto por máis de medio millón de euros.