A feira Stock Pontevedra abre as súas portas cun total de 60 expositores e unha ampla oferta a prezos rebaixados

86

A feira de oportunidades Stock Pontevedra abriu as súas portas no Recinto Feiral. O acto de inauguración estivo encabezado polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román. Con eles, outros representantes da Corporación local e dirixentes das asociacións empresariais.

A feira, impulsada polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental pode ser visitada ata o próximo domingo, día 8. O prezo da entrada é de 1,50 euros.

Conta con 60 expositores (dous terzos deles de Pontevedra) e ofrece produtos de téxtil, peletería, complementos, calzado, decoración, antigüidades e óptica.