A Concellería de Educación pon en marcha un programa complementario de teatro en inglés

36

Aprender inglés dun xeito divertido é o obxecto doutra iniciativa pedagóxica da Concellería de Educación. O departamento que dirixe Agustín Fernández ofertou aos colexios da cidade unha sesión de teatro deseñada especificamente para cubrir este obxectivo.

A representación da obra Tarzán comezou esta mañá, a partir das 10.30 horas, no Teatro Principal. Un total de 200 rapaces de Educación Primaria dos colexios de Parada (Campañó) e San Bieito de Lérez asistiron á sesión, a cargo da compañía de teatro educativo Face to Face.

O programa municipal baséase na utilización dos coñecementos máis intuitivos e as nocións básicas de inglés para a comprensión da obra. O público e os invitados foron invitados a tomar asento mentres os actores ían improvisando algunha das pasaxes da obra.

O guión utiliza o humor como recurso para a desinhibición e utilización espontánea do idioma. A linguaxe corporal e a mímica fan o resto para que os rapaces podan seguir máis facilmente a trama e comprender a totalidade da obra.