A Concellería de Educación concede axudas ás ANPA para a realización de actividades

79

A Concellería de Educación volve apoiar durante este curso ao movemento educativo pontevedrés co reparto de 24.670 euros en subvencións para financiar as actividades sen ánimo de lucro desenvolvidas polas Asociacións de Nais e Pais (ANPA) durante o curso escolar 2013-2014.

Un total de 18 ANPA presentaron as súas solicitudes en tempo e forma e repartiranse, deste xeito as axudas municipais. Son os casos de Anduriña, Areeiro, Andaina (Xunqueira 2), San Xosé (Campolongo), San Pedro (Parada-Campañó), San Martiño (Salcedo), Helenes (IES A Xunqueira 2), Pardo Bazán (Froébel), San Martín (EEI Verducido), Virxe do Carme (Pontesampaio), O Galo (Barcelos),Os Campos (EEI Fina Casalderrey), Cucú (EI A Parda), Río Lérez (Manuel Vidal Portela), San Miguel (Marcón), Joaquín Costa (Álvarez Limeses), Santo André de Xeve e Os Valados (Vilaverde-Mourente).

O concelleiro, Agustín Fernández, destacou que o importe total das axudas é o mesmo dos últimos anos, sen ningún tipo de redución. O concelleiro destaca, ademais, que trátase das únicas axudas públicas ás que pode optar o movemento educativo, toda vez que nin a Xunta de Galicia, nin a Deputación Provincial puxeron en marcha convocatorias de relevancia durante os últimos anos.

Fernández tamén destacou que houbo serias dificultades para poder sacar adiante esta convocatoria, pois a recente Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local, impulsada polo Goberno de España, retirou aos concellos toda competencia educativa máis alá do puro mantemento e conservación dos colexios.