A Canicouva, próximo destino da planta de compostaxe

53

O Concello de Pontevedra e os comuneiros da parroquia da Canicouva desvelaron onte a futura situación da planta de compostaxe que o Concello de Pontevedra e a Deputación provincial promoverán nos vindeiros anos para tratar o lixo orgánico da comarca. O alcalde destacou que "é un paso adiante importante a proposta da comunidade da Canicouva para situar a planta en dez hectáreas situadas a dous quilómetros de calquera zona habitada. Non afecta ao entorno, pero permitirá fabricar compost e terá beneficios para a parroquia como o cobro dun canon e outras actividades relacionadas co monte comunal da Canicouva".

O alcalde explicou que existe unha maioría de veciños que están de acordo coa instalación da planta na parroquia". "E sempre é unha alegría chegar a acordos e ver a luz ao final do túnel no tratamento dos residuos sólidos sólidos que usarán os métidos máis modernos", concluíu.

Pola súa banda, dende a comunidade de montes da Canicouva, o seu secretario explicou que cos incendios de 2006 a comunidade de montes quedou sen ingresos na parroquia. Os únicos ingresos foron a venda de madeira, "e neste momento temos unha importante perda de poder adquisitivo".

No mes de xuño recibiron a carta do Concello convidando a todas as comunidades de presentarse a este concurso, e ao ver que decaían outras ofertas, Canicouva presentou a súa fora de prazo (no Nadal), pero os terreos cumprían sobradamente os requisitos do concurso, por iso o Concello optou por eles.

O terreo, situado no lugar de Loureiro, ten pendentes asumibles e incluso "cachos de zonas chans", explicaba César Mosquera, quen tamén resaltaba que as captacións de auga están a un quilómetro de distancia, os núcleos habitados a máis de quilómetro e medio, e os accesos poden facerse dende Soutomaior, dende Ponte Caldelas ou dende o polígono de Marcón.

Sobre o canon que pode cobrar a comunidade de montes pode sobre sobre os 2.000 euros por hectárea; ademais dun canon variable por tonelada que pode ir entre os 0,3 ou 0,5 euros a tonelada; tamén o traballo de 15 hectáreas en silvicultura; "e os comuneiros teñen a esperanza de que tanto a Deputación como o Concello poidan facer un esforzo inversor na parroquia", explicaba César Mosquera, o concelleiro de infraestruturas e promotor do proxecto.

Ver documento PDF