Actualízate

17 de Xuño de 2018Pontevedra

Falando galego con Inglaterra, Polonia, Croacia, Irlanda, Alemania e Finlandia

28 de Xaneiro de 2015

A Concellaría de Normalización Lingüística presentou esta mañá o programa Ponte a Europa que pretende dinamizar o uso da lingua galega a través de conversas e narración multimedia entre escolares de 5º e 6º de Primaria. Ponte a Europa tivo o pasado curso unha experiencia previa denominada naquel momento Ponte a Londres que resultou todo un éxito na comunidade escolar na que se desenvolveu.
Nesta edición participarán 22 alumnos do CEIP de Lérez, 38 de Xeve e 8 de Campañó, así como oito universitarios europeos estudantes de lingua galega, pertencentes a sete universidades, baixo a coordinación do poeta e filólogo pontevedrés Isaac Xubín.
Os alumnos participantes son:
• Universidade de Oxford: Scott Challinor
• Universidade de Birmingham: Robert Farr
• Universidade de Varsovia: Kasia Szczechula
• Universidade de Zadar: Lucija Batur e Matea Reskov
• Universidade de Berlín: Suliman Adam
• Universidade de Cork: Nick Murphy
• Universidade de Helsinki: Ilari Lahtela

As distintas actividades do programa impulsarán o galego como lingua de comunicación entre o alumnado e axudará aos nenos e nenas de Pontevedra a valorar a lingua galega como lingua de comunicación. Tamén se incentivará a reflexión de que o coñecemento, o uso e a valoración do galego é unha fonte de riqueza lingüística e de identidade que abre as portas a un universo infinito de coñecementos e á comunicación con moitos países fóra de Galiza.
Os eixos centrais do programa serán o uso, a posta en valor e a difusión da lingua e cultura galega entre a mocidade e dende a mocidade; o coñecemento doutros lugares de Europa a través da lingua galega e o uso responsable e crítico da tecnoloxía, así como a construción colaborativa de contidos web e multimedia.
O obxectivo xeral é a mellora da competencia lingüística do alumnado na lingua galega durante todo o proceso e a posta en valor do patrimonio cultural, inmaterial e dixital deses núcleos e así adiantar un paso máis no proceso de normalización lingüística.
• Contribuír á posta en valor e favorecer un sentimento de orgullo e de defensa do galego entre a mocidade e os seus familiares, así como dos seus xeitos de vida, por moi diferentes que sexan.
• Posta en valor da vida cotiá no rural galego como elemento motivador para a creatividade e as actitudes activas.
• Contribuír ao uso e manexo da tecnoloxía.

Os obxectivos específicos:
• O uso do galego en todo o proceso. Potenciarase o seu valor como identidade e uso nos distintos ámbitos da súa vida cotiá (música, deporte…) espazos cos que se sintan identificados/as.
• Contribuír a desenvolver a conciencia lingüística borrando prexuízos lingüísticos detectados cara á lingua galega. Buscar fórmulas de actuación para subliñar o valor da nosa lingua como identidade e a posibilidade real de ser usado en calquera contexto.
• Visibilizar usos do galego en contextos e soportes de vangarda: Internet, arte, tendencias.
• O coñecemento da cultura actual galega e de tendencia que poida ser inspiradora para o alumnado tanto de Pontevedra como de Europa.
• A divulgación do patrimonio inmaterial e cotiá da vida no rural galego a través dos seus ollos e dos contidos que poidan crear, como elemento para a posta en valor da realidade que lles rodea.
• A conversa multimedia en galego con mozos e mozas moi afastados xeograficamente, culturalmente e socialmente, mais que aposta por estudar o galego.
• A importancia no valor de crear contido na rede en galego.
• O aprendizaxe e uso de ferramentas TICS en galego e baseadas en Software libre.
• Introducir a perspectiva de xénero nos distintos procesos de ensino e aprendizaxe aportando exemplos de mulleres na vangarda cultural galega.

Para acadar os obxectivos traballarase ao longo de cinco meses con:
1. Cinco sesións nos centros educativos en horario escolar, onde se traballará en galego cunha proposta clara: a dinamización do uso do galego partindo da divulgación cultural da realidade, amosando e divulgando o que se fai en Galiza nos diferentes ámbitos de maneira motivadora para o alumnado.
2. Un blog didáctico dirixido, como ferramenta con contidos que abranguen a divulgación de proxectos e propostas creativas galegas de tendencia; o proceso do proxecto a través da fotografía e vídeo; os contidos elaborados polo alumnado en diversos formatos e as conversas, reflexións e debates que poidan xurdir das tarefas presentadas.
3. O blog será o elemento vertebrador de toda a acción educativa; axudará a establecer un diálogo continuo entre docente e alumnado, e entre o  alumnado de Pontevedra e os mozos e mozas de Europa.
4. O seguimento online das actividades durante os meses de duración do proxecto empregando como ferramenta o correo electrónico, e o blog.
5. A elaboración dun documental que de conta do proceso de todo o proxecto e a tarefa creativa do alumnado.

Todos os contidos estarán dirixidos e titorizados por persoal con experiencia na dinamización de colectivos.

Previsión de actividades en Ponte a Europa

A edición, documentación e actualización do blog comezará o 29 de xaneiro e continuará ata o remate da actividade. Ademais, haberá cinco sesións presenciais, guiadas por unha monitora:

1. (29 de xaneiro) SESIÓN PRESENTACIÓN e primeira conexión con Oxford: (1 hora e media)
- de 10.00 a 11.30 horas, no CEIP de Lérez, para os CEIP de  Lérez, Xave e  Campañó.
-Presentación do proxecto e da plataforma de comunicación e visualización dun vídeo inicial promovendo a participación nesta proposta.
-Videoconferencia con Oxford co obxectivo de explicarlles a nosa proposta e o blog no que iremos creando contido e co que poden interactuar.


 

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 17.06.2018 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.01.2015 polo Concello de Pontevedra.