Comeza a tramitación para aprobar o orzamento 2015 a primeiros de xaneiro

81

Concluídos os orzamentos dos organismos autónomos do Pazo da Cultura e do Instituto Municipal de Deportes (IMD), a Concellaría de Economía e Facenda inicia o luns toda a tramitación para a aprobación dos orzamentos de 2015.
Ás 09.00 horas está prevista a reunión do Consello de Goberno do Pazo da Cultura, e a continuación do IMD. Todo o orzamento, incluídos os dos organismos autónomos, pasará pola Xunta de Goberno das 10.00 horas, e a continuación entregaráse ao grupo municipal do Partido Popular nunha comisión informativa prevista para as 10.45 horas.
Segundo as previsións do concelleiro de Economía, Raimundo González non se poderá convocar unha nova comisión para ditaminar o orzamento até o vindeiro 29 de decembro (ou en días posteriores), polo que o pleno de aprobación dos orzamentos non será até as primeiras semanas de xaneiro.
Raimundo González explicou esta mañá que será na comisión do luns, 22 de decembro, cando se decidirán as comisións posteriores que se convocarán así como o pleno de aprobación.