Adxudicada a actualización do inventario de bens do Concello

80

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Lagares Oca a execución da primeira fase da actualización do inventario de bens e dereitos do Concello de Pontevedra. Con esta primeira fase, que abarcará os bens inmobles, renovarase o existente até o de agora e informatizarase. O valor do contrato é de 68.970 euros.

A Xunta de Goberno tamén acordou prorrogar por un ano, para logo sacar unha nova contratación, de todos os seguros municipais. O de responsabilidade civil será por 95.943 euros; o de accidentes por 10.047 euros; e o de vehículos por 62.043 euros.