Actualízate

01 de Febreiro de 2015Pontevedra

A estrea do mural “A pegada de Sesmero” abre o ciclo dedicado ao arquitecto que modernizou Pontevedra

22 de Outubro de 2013

Un sinxelo acto na avenida de Santa María serviu hoxe para abrir a homenaxe institucional a Alejandro Rodríguez-Sesmero, “O arquitecto que modernizou Pontevedra”. O tenente de alcalde, Antón Louro, oficiou hoxe a estrea do gran mural sobre a “pegada” de Sesmero na cidade. Ao acto asistiron concelleiros da Corporación, moitos dos técnicos municipais da área de Urbanismo, membros da directiva do Colexio de Arquitectos e do asociacionismo empresarial e veciñal da cidade.

O mural, encadrado entre a casa das irmáns Mendoza e unha das fontes de ferro da primeira traída de augas á cidade (proxectada polo homenaxeado), foi escenario dunha breve disertación de Antón Louro. Nela repasou a traxectoria do arquitecto municipal que, en algo menos de 12 anos, deixou un impresionante legado urbano composto por edificios institucionais e privados, a reforma dos servizos municipais e a primeira gran planificación urbanística que fixo posible o Ensanche da cidade.

No acto destacouse tamén o carácter simbólico de pago dunha débeda histórica con Alejandro Rodríguez-Sesmero e mesmo houbo comentarios sobre o erróneo uso do plural (Sesmeros) no apelido do histórico arquitecto.

O mural “A pegada de Sesmero en Pontevedra” estará instalado ata o próximo 22 de novembro. Nunha das súas caras introduce as distintas actuacións impulsadas polo técnico sobre un plano da cidade. Na outra cara afonda nas actuacións máis coñecidas, ofrecendo un contexto histórico e arquitectónico.

Do 28 de outubro ao 8 de novembro haberá varios roteiros escolares cos alumnos de colexios de Pontevedra, nos que se visitarán os principais edificios e espazos públicos saídos da mesa de deseño do arquitecto Rodríguez-Sesmero: o edificio do Concello, da Deputación, da actual Subdelegación de Defensa (antigo grupo escolar), a casa das Mendoza, o Mercado e a rede de fontes de ferro. Sen esquecernos da urbanización da Alameda e avenida de Montero Ríos e a praza de San Xosé, entre outros fitos.

O 30 de outubro chegará un dos momentos principais coa conferencia que ofrecerá o bisneto do homenaxeado, Francisco José Portela Sandoval, que actualmente exerce como catedrático de Historia da Arte na Universidade Complutense de Madrid. A súa charla, que leva por título “Entre Galicia e Arxentina: o arquitecto Alejandro Rodríguez-Sesmero cen anos despois”, estará introducida por outro arquitecto: César Portela, primo do relator.

O 8 de outubro será a quenda dunha mesa redonda baixo o título “Sesmero, historia, arquitectura e política”. Intervirán dúas figuras tan relevantes como o historiador Xosé Fortes Bouzán e o arquitecto Enrique Barreiro Álvarez. Antón Louro actuará como introdutor-moderador.

Os dous actos celebraranse no Café Moderno ás 20.00 horas.

Finalmente, o 16 de novembro, a partir das 11 horas, péchase o ciclo cun roteiro Sesmero para todas as persoas interesadas. A Concellería de Urbanismo conta para elo coa colaboración do Ateneo de Pontevedra. Partirá do mural da avenida de Santa María e estará guiado polo xornalista e historiador Rafael López Torre.

Alejandro Rodríguez-Sesmero naceu en Xixón en 1848 e faleceu en Arxentina en 1913. Chegou a Pontevedra como mestre de obras en 1876 e desempeñou o posto ata 1887. Fixo un traballo inxente neste período, no que exerceu como arquitecto municipal. Molesto con algúns concelleiros que cuestionaron a validez da súa titulación, presentou a súa demisión, a pesar de que contaba co apoio da maioría da Corporación. Pouco despois obtivo a convalidación do seu título e emigrou a Arxentina, onde viviu o resto dos seus días dedicado á docencia.

O biólogo Ramón Plana, primeiro experto que falará en Pontevedra da compostaxe
A vella ponte do tren en Monte Porreiro a piques de ser cedida ao Concello
Prolegómenos do entroido pontevedrés da man das Madamas e galáns de Cobres
O Concello estuda unha gran actuación no ámbito de Otero Pedrayo
Perfecto Feijoo na memoria da Boa Vila
Programa de entroido 2015
Falando galego con Inglaterra, Polonia, Croacia, Irlanda, Alemania e Finlandia
Obras de seguranza viaria no ámbito das pontes, e transformación na avenida da Estación
O Museo Móbil (MuMo) chega a Pontevedra por iniciativa do colexio Marcos da Portela
O barrio de San Brais acolle o próximo 1 de febreiro a primeira proba do Circuíto de Carreiras Populares
Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza nas Corvaceiras
13 de Xaneiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza en Rosalía de Castro
02 de Decembro de 2014

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 01.02.2015 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 22.10.2013 polo Concello de Pontevedra.