Actualízate

26 de Maio de 2019Pontevedra

Volven os Roteiros temáticos urbanos!

03 de Xuño de 2013

Debido ao elevado número de solicitudes que non se puideron atender, a Concellaría de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra organiza unha nova edición dos roteiros temáticos urbanos, unha iniciativa que ten como obxectivo dar a coñecer historias, personaxes, espazos e edificios da cidade, máis alá da visión turística habitual. Na primeira edición participaron unhas 300 persoas, superándose o número máximo de prazas que inicialmente era de 50 persoas por roteiro.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse a partir do mércores 5 de xuño na páxina web do concello www.pontevedra.eu (sección actividades patrimonio) cubrindo o correspondente formulario de inscrición.
A repetición dos roteiros temáticos vaise desenvolver dacordo co seguinte calendario:
• Venres 14 xuño: Roteiro da heterodoxia (masonaria). Saída ás 20 horas do Arquivo Histórico (Paseo de Colón). Guiado por Olga Conde
• Sábado 15 xuño: Roteiro dos conventos e igrexas medievais. Saída ás 11 horas do convento de San Francisco. Guiado por Carmela Sánchez Arines
• Domingo 16 de xuño: Roteiro da arquitectura contemporánea. Saída as 11 h do ambulatorio Virxe Peregrina. Guiado por Marta Guirado e Diego Germade
• Sábado 22 de xuño: Roteiro dos recantos con encanto. Saída as 11 horas da praza da Leña. Guiado por Ramón Rozas
• Domingo 23 de xuño: Roteiro dos xardíns históricos e hortas urbanas. Saída ás 11 horas da antiga delegación de Sanidade (Avda de Vigo). Guiado por Jaime Blanco Dios
Procedemento de inscrición.
1. O prazo de inscrición ábrese o mércores 5 de xuño.
2. A inscrición deberá facerse cubrindo o formulario que se colgará na web www.pontevedra.eu (actividades patrimonio) a partir desta data. No seguinte ligazón: http://www.pontevedra.eu/inscripcion.php 
3. Poderase facer a inscrición simultaneamente para todos os roteiros.

Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 26.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 18.03.2013 polo Concello de Pontevedra.