Actualízate

13 de Decembro de 2017 Pontevedra

Urbanismo

A rúa de Santa Clara gaña centralidade e mellora a súa conexión co Centro Histórico

17 de Febreiro de 2015

Os coches volven circular pola totalidade da rúa de Santa Clara dende a mañá de hoxe. O último sector desta vía quedou definitivamente aberto cunha visita do tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, acompañado de técnicos municipais e da empresa construtora.

Louro subliñou a gran calidade da actuación, que deseña un espazo no que peóns e vehículos conviven axeitadamente con espazos delimitados por bolardos e situados, en diversos tramos, ao mesmo nivel.

O tenente de alcalde afirmou que Santa Clara é hoxe unha rúa completamente renovada, cun aspecto impecable en superficie, pero tamén con todos os servizos completamente renovados. Acabáronse as filtracións de augas pluviais e fecais aos sotos e aos garaxes, recalcou o responsable municipal.

Agradeceu a comprensión dos veciños e comerciantes diante dunha obra especialmente difícil ao desenvolverse nun espazo sensible arqueoloxicamente e afectado pola presenza do convento das clarisas, o que obrigou a tramitar lentas autorizacións diante da Dirección Xeral de Patrimonio e a executar unhas escavacións imprevistas na zona de confluencia co Centro Histórico.

O resultado está á vista, concluíu, e hoxe Santa Clara é un espazo público que gaña centralidade e que está perfectamente integrado coa entrada ao Centro Histórico. Hai ben pouco, afirmou, aquí había unha calzada “bacheada” e unas beirarrúas remendadas con cemento e 40 centímetros de ancho nalgúns puntos.

Unha vez aberta ao tráfico a rúa, as obras continuarán na praza de José Martí e na calella contigua ao muro do convento, onde está previsto un parque infantil. Serán dúas ou tres semanas, adiantou o tenente de alcalde. Non obstante, engadiu, son espazos onde xa non hai tantas molestias, e o fundamental é que queden perfectamente acabadas.

As obras da rúa de Santa Clara, que están a ser realizadas pola empresa Stradia Infraestructuras S.L., contan cun orzamento de 676.199,22 euros. Incrementáronse cun proxecto complementario de 55.456,61 euros para executar as escavacións arqueolóxicas.

Antón Louro destaca a transformación radical do barrio de San Antoniño despois do remate das obras en tres rúas
A Concellería de Urbanismo inicia unha campaña de mellora de espazos destinados a aparcamento dos veciños
O Plan Especial para o aparcamento público de Veteris non terá que someterse a tramitación ambiental previa
As obras no barrio de San Antoniño estarán concluídas a mediados de decembro
As escavacións arqueolóxicas da rúa de Santa Clara rematarán esta semana, despois de descubrir o Camiño Vello de Castela e a porta da Rochaforte
Un gran monolito de pedra, bronce e luz honrará a memoria dos fusilados do 12 de novembro
Un libro rememora a traxectoria de Alejandro Sesmero, o arquitecto que modernizou Pontevedra
Os edificios de máis de 50 anos ou con valores patrimoniais terán que realizar unha inspección técnica
O Concello ultima a modificación do Plan Xeral para regular o tipo de solo apto para acoller crematorios
As obras de Santa Clara volven avanzar a todo ritmo coa axilización das escavacións arqueolóxicas
513 DECLARACIÓN RESPONSABLE DE APERTURA DE ESTABLECEMENTO COMERCIAL
07 de Xuño de 2012

513-DECLARACIÓN RESPONSABLE DE APERTURA DE ESTABLECEMENTO COMERCIAL
07 de Xuño de 2012

Concello e Xunta abren unha liña de colaboración para clarexar o futuro das sedes autonómica na cidade
02 de Marzo de 2012

Os concelleiros de Urbanismo e Patrimonio Municipal, Antón Louro e Vicente García Legísima mantiveron esta

Antón Louro asina o convenio para o financiamento da oficina municipal de Vivenda e Rehabilitación
04 de Agosto de 2011

A Consellería, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) achega ao Concello 75.302,46 euros para colaborar no mantemento desta oficina

Unión Fenosa garante a Antón Louro a estabilización do subministro eléctrico tras a cadea de avarías do mércores
29 de Xullo de 2011

Antón Louro agradeceu a transparencia da compañía subministradora e o compromiso de que non se producirán novos cortes despois do forte impacto do

Louro aplaude o clima de consenso na primeira Comisión de Urbanismo
12 de Xullo de 2011

A Comisión deu o visto bo ao Estudo de Detalle que salva a instalación de "Aludec Inyección" nunha parcela do polígono industrial pontevedrés. Este

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 13.12.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 13.12.2017 polo Concello de Pontevedra.