Actualízate

28 de Marzo de 2017Pontevedra

Peche de Raíña Vitoria e Colón, o martes, polas obras de seguranza viaria

05 de Setembro de 2014

O Concello de Pontevedra iniciará o vindeiro luns os traballos de construcción dos lombos na rúa avenida Raíña Vitoria, continuando coas obras de seguranza viaria e accesibilidade que se están a realizar nesta rúa e que continuarán por Alameda.
A construción dos lombos obrigará a pechar o tráfico en Raíña Vitoria o martes, 9 de setembro, dende primeira hora e até a última hora da tarde (aproximadamente ás 20.00 horas). O peche será dende a rotonda de San Roque até o cruzamento da rúa Palamios.
As alternativas de tráfico que propón a Policía Local son as seguintes:
• O tráfico de saída (Praza Galicia - Augusto García Sánchez) será desviado por Praza da Libertade cara a Xeneral Rubín – Fernández Ladreda – Manuel del Palacio.
• O tráfico de acceso ao centro da cidade (subida San Roque ou Paseo Colón), será desviado por Palamios cara a Raíña Vitoria.
• Garantirase o acceso para residentes e servizos a rúa Alameda e rúa Echegarai, ase como entrada e saída aos parking de Alameda e Praza de España
• Recoméndase a entrada e saída da cidade pola zona oeste: estradas de Poio e Vilagarcía, a través da avenida de Domingo Fontán e Ponte das Correntes.

Tamén está previsto asfaltar parte da rotonda de San Roque como unha das obras necesarias para o paso da Volta ciclista pola cidade. O asfaltado tamén se fará o martes, 9 de setembro, e para iso será preciso pechar o paseo Colón entre as 15.00 e as 19.30 horas.
Ao respecto deste peche, a Policía Local fai as seguintes recomendacións:
• O tráfico de entrada á cidade farase pola ponte da Barca, será desviado por Domingo Fontán.
• O tráfico de saída (Praza Galicia - Augusto García Sánchez) será desviado en Praza da Libertade cara a Xeneral Rubín – Fernández Ladreda – Manuel del Palacio.
• O tráfico acceso centro cidade (subida San Roque ou Paseo Colón), será desviado por Palamios cara a Raíña Vitoria.
• Garantirase o acceso para residentes e servizos a rúa Alameda e rúa Echegarai.
• A Policía Local recomenda a entrada e saída da cidade pola zona oeste da cidade, polas estradas de Poio e Vilagarcía, pola avenida de Domingo Fontán e a ponte das Correntes. Tamén pola autoestrada.
 

Documentos :
Pontevedra acolle 16 competicións de rango nacional ou internacional durante este ano
Pontevedra convértese no escaparate da oferta educativa de Galicia e de España coa celebración do salón Edugal
Pontevedra recolle en Dubai o premio da ONU pola súa transformación
O Concello mellorará a seguranza viaria nas inmediacións do colexio de Marcón
Victoria Martíns aborda as "Universitarias no franquismo" mañá na Casa das Campás
Volven as Andainas
Lores presenta en Dubai o modelo Pontevedra
Comezan obras de mantemento e reparación en diversas rúas do centro da cidade
Premios da XX Mostra da Parodia
Premios do Desfile do Entroido
A Xunqueira II acolle unha conferencia sobre os prexuízos lingüísticos de Marcos Maceiras
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na praza de Barcelos
24 de Febreiro de 2015

[...]

Zafarrancho de limpeza na avenida do Uruguai
27 de Xaneiro de 2015

[...]

Haberá máis información sobre a compostaxe nunhas xornadas técnicas
19 de Xaneiro de 2015

[...]

Procura por mes 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 05.09.2014 polo Concello de Pontevedra.