O Concello recibe 17 ofertas para construír o desdoblamiento da avenida de Vigo

65

Finalmente foron 17 as ofertas recibidas no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra para construír o desdobramento da avenida de Vigo e as melloras da avenida da Estación e da propia avenida de Vigo. As empresas que presentaron ou anunciaron a súa concurrencia a esta licitación de máis de 4,1 millóns de euros foron:
• Puentes y Calzadas Infraestruturas S.L.U.
• CRC Obras y servicios S.L. – Xermolo S.A.
• Imesapi S.A. – Canalugo
• Civis Global S.L.
• Construcciones, obras y viales S.A. e E.C. Casas S.L.
• Acciona infraestruturas S.A. – Construcciones Ramírez S.L.U.
• Dragados S.A.
• Sacyr S.A.U
• Eiriña S.L.
• Elsamex S.A.
• Vías y construcciones S.A.
• Ferrovial Agroman S.A.
• Construcciones San José S.A.
• Xestión Ambiental de contratas S.L. – Abeconsa S.L.U.
• Copcisa S.A. – Proyecon Galicia S.A.
• Extraco, construccións e proxectos S.A. – Petrolam a veiga S.L.
• Espina Obras Hidráulicas.

A licitación do “Proxecto de urbanización da rede arterial do novo acceso sur N-550” saíu publicado no DOG e no BOP o pasado 28 de febreiro cun orzamento de 4.156.055,00 euros cun prazo de execución de 10 meses.
Nesta licitación está incluída a construcción do novo viario así como todas as melloras do proxecto como a reurbanización da avenida da Estación ou a permeabilización do novo viario coa avenida de Vigo, así como a reforma da rotonda de Fernández Ladreda ou a reurbanización da avenida de Vigo (total ou parcialmente).