Éxito das actividades do Pontenbici

47

O concelleiro de Transportes, Miguel Filgueira fixo onte balance da programación de Pontenbici que, segundo as súas palabras, "resultou todo un éxito".

Confirmou que de cara a vindeiras edicións manteranse as exposicións, aínda que focalizadas nos traballos; manteranse as pedaladas; impulsarase o Instienbici que tivo unha grande acollida nos institutos e que se complementará coa iniciativa que está a levar a cabo na Policía Local de promover traslado dos alumnos dos centros de ensino en bicicleta.

Repensarase Natureza sobre rodas para "profesionalizar" algunhas saídas e promover outras polas parroquias do rural.

A bicifeira potenciarase, xa que tivo moita participación. E manterase a macha de bicis clásicas en colaboración con outros concellos lindantes con Pontevedra.