Avance nas obras do TAV ao seu paso polo concello

43

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera asistiu esta mañá á reunión de seguimento das obras do Tren do Eixo Atlántico ao seu paso polo municipio. Á reunión, celebrada na Subdelegación do Goberno, asistiron representantes de Adif.

Ao remate de este encontro periódico, César Mosquera explicou que se seguen solventando os  problemas que as obras do AVE van tendo ou teñen ao seu paso polo municipio. Os asuntos máis importantes son os seguintes:

  • Detectouse un verquido nunha finca de Verducido con entullos das obras do Ave e de Aquaes. Adif comprometeuse a, xunto con Aquaes a retirar os entullos.
  • Tamén se pacto o asfaltado provisional das pucharcas da rúa Otero Pedraio e Entrevías, que no vindeiro ano someteránse a un asfaltado global.
  • Adif comprometeuse a retirar o noiro de terra de Médico Ballina como solicitaban os veciños, así como a instalación de pantallas sonoras na zona, aínda que este proxecto está fora do proxecto de execución do AVE, e será remitido en breve ao Concello.
  • A cuberta da Seca xa está rematada e está pendente unha visita de técnicos de Adif e do Concello para acometer a urbanización conxuntamente.
  • Nas obras da estación do tren, existen problemas cos traballos nocturnos e coas vibracións nun edificio. O concelleiro explicou que o Concello non autorizou os traballos nocturnos porque a documentación que se achegou para dar autorización estaba mal, pero a empresa comprometeuse a remitila ben para rematar as obras canto antes. Está pendente o paso soterrado na mesma entrada da estación, así como o desvío dalgunhas vías.
  • As pontes de Monte Porreiro e de Ponte Sampaio serán cedidas ao Concello por 75 anos, en virtude dun convenio do que xa dispón o Concello. Mosquera apuntou a probabilidade de que sexa a Deputación quen asuma a ponte sobre o Verduxo, ao unir dous municipios.