A programación deportiva que impulsa a Concellería de Deportes durante este ano traerá á cidade a un mínimo de 50.000 persoas e xerará un retorno socioeconómico que superará os cinco millóns de euros. Así o afirmou o concelleiro, Agustín Fernández, durante a presentación oficial do calendario.
A principal novidade chegará este ano coa incorporación da Ximnasia Rítmica, pois Pontevedra organizará o Campionato de España por equipos e autonomías e, a continuación, a competición individual. Dous torneos que se celebrarán entre o 25 de xuño e o 5 de xullo e nos que se agarda a presenza de máis de 2.000 ximnastas. A outra novidade é o Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino, entre o 14 e o 20 de xuño, con case 500 xogadoras presentes.
Ao longo do ano, Pontevedra albergará 16 competicións ou eventos de rango nacional ou internacional.
Agustín Fernández destacou que o seu departamento encargou un estudo á Universidade de Vigo sobre o impacto do recente Campionato de España de Natación Máster. Con eses datos fará unha avaliación sobre a totalidade da programación municipal, tendo tamén en conta o “enorme esforzo” económico do Concello para facer posible esta programación.
O concelleiro afirmou que os sectores hoteleiro e hostaleiro da cidade terán que implicarse aínda máis no futuro, mesmo asumindo directamente o custo dalgunha competición, tal e como sucede noutras cidades. Ademais, anticipou que a Concellería de Deportes debe ir pensando tamén en apostar por eventos propios e con gran capacidade de atracción (o exemplo é o 4 Picos Bike&Trail) e depender cada vez menos da oferta das federacións nacionais. Ao tempo, propón incrementar o peso do deporte popular.
Por outra banda, Agustín Fernández subliñou o esforzo organizativo que supón albergar estes 15 campionatos nacionais nun ano no que se vai acometer unha obra da importancia da substitución da cuberta do Pavillón Municipal de Deportes, o que obriga a habilitar o Recinto Feiral para a Ximnasia Deportiva e os pavillóns do Príncipe Felipe, Universitario e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para Campionato de España de Baloncesto Infantil.
A listaxe completa de eventos nacionais ou internacionais é a seguinte:
Campionato de España Máster de Natación. Acaba de celebrarse este mes de febreiro.
Torneo Internacional San Patricio de Rugby. Marzo.
Open de España G1 de Taekwondo. Abril.
4 Picos Bike&Trail. Abril.
Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de fútbol 7. Portero 2.000. Maio.
Campionato Ibérico de Orientación Deportiva. Maio.
Campionato de España de Maratón. Piragüismo. Maio.
Copa de España de Piragüismo 500 e 200 metros. Finais de maio.
Campionato de España Sprint de Triatlón. Xuño.
Campionato de España de Baloncesto Infantil Feminino. Xuño
Campionato de España de Aquatlón. Xuño.
Campionato de España de Equipos e por Autonomías de Ximnasia Rítmica. Xuño.
Campionato de España Individual de Ximnasia Rítmica. Entre finais de xuño e principios de xullo.
Campionato de España Sénior. Piragüismo. Xullo.
Torneo ITF de tenis junior. Outubro.
Open Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo. Entre finais de outubro e principios de novembro.
O persoal de instalacións do Instituto Municipal de Deportes (IMD) participa esta mañá no curso anual de habilitación e
Unha ruta de 11 quilómetros a pé entre San Vicente do Mar e Punta Moreiras porá punto e final á temporada do programa
O Instituto Municipal de Deportes pon a disposición das entidades deportivas do concello recursos económicos e infraestruturas necesarias para iniciar
Nun ambiente moi distendido, Jean Marie recibiu as felicitacións dos representantes do Goberno local, que quedaron impresionados polos logros acadados
O pavillón do Príncipe Felipe acollerá 18 mesas de xogo nas que se librarán máis de 1.000 partidos en xornada de 9 a 21 horas durante toda a fin de
O edil destacou que as obras finalizarán nos últimos días de setembro ou nos primeiros de outubro, en función da
Hoxe é 19.02.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 19.02.2019 polo Concello de Pontevedra.