Pontevédrate...

As ruínas de Santo Domingo son a cabeceira do vello convento, con 5 ábsides de finais do século XIV, a maior construida polos dominicos en Galiza

Roteiro dos Bolechas

Este roteiro pretende dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas  de educación  infantil e 1º ciclo de educación primaria. Coa Excursión pola zona vella de Pontevedra os máis pequenos fan un percorrido guiado polo centro histórico da cidade do Lérez da man dos personaxes creados por Pepe Carreiro, os Bolechas.

O roteiro realízase a modo de xogo, no que o código a empregar é o idioma galego. Os nenos visitan prazas emblemáticas como as da Ferraría, a Leña ou a Verdura e outros emprazamentos que, sen dúbida, teñen un pouso histórico e didáctico moi importante, como a praza da Pedreira ou a da Estrela. En cada parada hai unha misión específica e didacticamente axeitada á historia do lugar e á idade dos participantes: na praza da Estrela teñen que debuxar as imaxes da Casa das Caras e dicir cal cren que é o seu oficio; na da Verdura debe facer unha recreación dun mercado típico da Idade Media; o Teucro é medido cos seu pasos empregando medidas antigas, e na Pedreira teñen que pechar os ollos e recoñecer sons que só habería nesa época histórica.

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 28.04.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 22.09.2011 polo Concello de Pontevedra.