Pontevédrate...

A cola de cabalo, unha fermosa fervenza que forma un regato que desemboca no Lérez é unha das máis senlleiras paisaxes da Senda do Lérez

Roteiro Castelao

Meu estimado compatriota


Non teño ningún documento, nin tan siquera unha partida de nascimento para acreditar a mi-ña calidade de pontevedrés; pero se non fun consultado antes de nascer, sábese ben que des-pois de ter nascido escollín a Pontevedra para vivir e morrer, e se tal programa non chega a complirse non será certamente por culpa miña. Non son, pois, un pontevedrés de partida de nascimento, que ás veces esto é entrar pola porta falsa; eu son pontevedrés pola miña propia vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra.
(...)

Dunha carta de Alfonso Daniel Castelao ao Presidente do Centro Pontevedrés de Buenos Aires. 31 de marzo de 1947
 

Itinerario

1 A Praza da Ferrería
2 Museo de Pontevedra
3 A Fábrica da Luz
4 Praza do Teucro
5 Praza do Teucro
6 Praza das Cinco Rúas
7 Teatro Princiapl
8 Monumento a Castelao
9 O Instituto
10 Café Moderno
11 Café Méndez Núñez


1 A PRAZA DA FERRERÍA
 

Pontevedra abre as súas portas aos visitantes e na Praza da ferrería, lugar cheo de resonancias históricas é onde comezamos este roteiro. Alfonso Daniel Castelao chega a Pontevedra en 1916 a tomar posesión da súa praza como funcionario de estatística e vai ser precisamente nun recanto desta praza onde se asenta a súa oficina. Desde esa data, a Ferrería e os monumentos que a rodean serán testemuñas do devalar artistico, persoal e social do artista de Rianxo convertido xa en veciño de Pontevedra.

Castelao participará aportando consellos e debuxos na restauración do rosetón da igrexa de San Francisco e na recolocación da antiga Fonte da Ferrería, daquela abandonada no lugar que actualmente ocupa nos Xardíns de Casto Sampedro. Noutro recuncho da praza foi habitual da tertulia que mantiña, no seu caseirón, o propio Sampedro fundador da Sociedad Arqueológica na que tamén participa o musicólogo franciscano padre Luís F. Espinosa, para quen deseña Castelao a cuberta dunha das súas obras musicais. Outros bocetos, recollidos durante a viaxe a Europa en 1921, foron utilizados para recrear a "burra" que sae na procesión do domingo de Ramos.

No outro extremo da praza e xa en tempos republicanos, colaborou no diario El País, xornal onde inseriu o seu humorismo e pensamento galeguista ao lado das figuras que animaban o periódico, como Roberto Blanco Torres ou Bibiano fernández-Osorio Tafall.

 
 


2 MUSEO DE PONTEVEDRA
 

Castelao formou parte daquel reducido grupo de pontevedreses que fundou en 1927 o Museo de Pontevedra. Con Daniel de la Sota e Francisco Xavier Sánchez Cantón levou á práctica unha insistente idea de Antón Losada Diéguez e os vellos galeguistas, que teimaban por un un mu-seo para Galicia e os galegos.

A relación de Castelao con Casto Sampedro e outros activos membros da Sociedad Arqueológica de Pontevedra estivo no cerne dunha paixón que Castelao concretou en ilusionadas con-versas con Sánchez Cantón. Entre os dous imaxinaron as coleccións, os contidos e mesmo a restauración de elementos arquitectónicos dun edificio ao que chegamos pola rúa Pasantería.

O vedraio pazo de Castro Monteagudo abriu as súas portas logo de que o labor de homes como Castelao sensibilizara os membros de Deputación provincial de dotar dun museo a Ponte-vedra. Xunto ao legado da Sociedad Arqueológica desde o primeiro momento castelao doa obra súa para que se expoña nas salas e chega a entregar outras de artistas galegos por el coleccionadas. Mesmo descobre e entrega pezas de tanta importancia arqueolóxica como a es-tela romana de Ouzande en 1928, que localizou en terras da Estrada nunha cancela. Tamén aportou os restos dun cruceiro que co tempo pasará a presidir o centro do Eirado da Leña e que chega a converterse co paso dos anos nun dos sinais de identidade da vila. Logo da súa morte no exilio arxentino en 195O, a súa viuva Virxinia Pereira procurou que o seu legado fose depositado nesta institución.
 

3 A FÁBRICA DA LUZ
 

A cegueira convértese nunha ameaza certa para Castelao desde 1914 e ao longo da súa esta-día pontevedresa novas recaídas foron mermando a vista do artista. Contodo, a luz dos seus ollos seguiu a afondar na arte e, desde a súa chegada a Pontevedra, o seu estudio de pintor deu saída ao mellor da súa caricatura, o seu humor e a pintura.

Pola rúa Sarmiento achegarémonos á antiga Casa do Macelo convertida desde finais do século XIX na Fábrica da luz. Nela atoparía Castelao o lugar preciso e amplo onde plasmar as súas ideas escenográficas. Vainas realizar para a coral polifónica de pontevedra, entidade que funda xunto a Antón Losada Diéguez. Píntaas con destino a diferentes presentacións por distintas cidades galegas. Un traballo polo que recrea o mundo medieval, a arte románica a xeito de rosetóns, portadas e claustros, xunto ao esplendor barroco e popular dos soportais das vilas mariñeiras. Teimou castelao por un teatro de arte para Galicia e neses labores Pontevedra coñeceu un adianto do que co tempo sería a obra Os vellos non deben de namorarse. Co seu admirado Ramón del Valle-Inclán colabora en 1933 na escenografía de Divinas Palabras. Corredoira pintara a Castelao cando mozo, portando un debuxo coa efixie de Valle-Inclán. Un escritor a quen recordará no seu exilio en La Habana e que nós lembramos neste roteiro ao pasar ante a casona dos muruais, lugar onde valle se iniciou na literatura.
 

4 PRAZA DO TEUCRO
 

A máis fonda das actividades políticas de Castelao en Pontevedra estivo irmanada á figura de Alexandre Bóveda, desde os tempos en que a redacción do xornal A Nosa Terra se instalara no terceiro andar do número 24 da popular rúa dos Comercios. co tempo, rúa adicada á figura de manuel Quiroga, violinista PONTEVEDRES DE SONA INTERNACIONAL, co que Castelao mantivo unha estreita amizade e a quen plasmou nunha das súas máis sonadas caricaturas.

Se todas as rúas e prazas da cidade vella conservan a pegada de Caste-lao, a praza do teucro, tamén chamada do pan, foi testemuña da impre-sión no obradoiro de Celestino Peón da edición prima da súa obra teatral Os vellos non deben de namorarse en 1953. Foi nesta mesma imprenta onde saíra á luz en 1922 Alborada, revista na que Castelao introduce a técnica do gravado ao linóleum en Galicia. Un procedimento que contri-buiu a crear escola e co que ilustrou traballos de Antòn Vilar ponte, Luís Amado carballo, Vicente Risco ou Ramón Cabanillas.

A praza do Teucro acolle tamén pazos de antigos solares con orixe na Pontevedra medieval. da heráldica dun deles, a dos Mariño, recolle cas-telao a representación da serea que utilizará para deseñar o novo emblema da súa Galicia ideal.

5 PRAZA DAS CINCO RÚAS
 

A recuperación do patrimonio cultural galego tivo en Castelao un dos seus principais valedores. A súa ampla formación artística, enriquecida pola súa viaxe a Europa no 1921, serviulle de base para se converter no defensor principal da nosa arte popular. Xa estamos ante o cruceiro que hoxe ocupa a praza das Cinco Rúas, Castelao chegou a coñecelo na súa localización orixinal da ribeira de Estrivela. peza escultórica orgullo dos nosos canteiros pasaría a ocupar un lugar destacado, como tantos outros cruceiros de Pontevedra, na súa obra As cruces de pedra na Galiza.

Un libro publicado logo da súa morte no exilio en 1950 e do que puido chegar a ver as probas saídas do prelo ao coidado de Luís Seoane, e estampar nelas a sinatura nas primeiras follas. Unha obra monumental que entra con letras de ouro na historia da arte galega, e onde se re-colle o seu amplo labor documental e artístico, logo de percorrer os camiños de Galicia de-buxando cruceiros. Seguimos pola rúa adicada a Paio Gómez Chariño, poeta medieval tan emparentado co rianxo natal de Castelao, e que acolleu nos anos trinta a imprenta "La Popular", obradoiro onde se tiraba A Nosa Terra, voceiro do Partido Galeguista á que Castelao estivo tan unido e onde publicou moitas páxinas de humor gráfico e no que escribiu escollidas páxinas co seu ideario galeguista.
 

6 TEATRO PRINCIPAL
 

Pola rúa Tetuán rodeamos o edificio que acolle o Teatro Principal. O primeiro andar do número 2 desta rúa serviu durante a II República de sede para o Partido Galeguista, a organización na que Castelao chega a ocupar cargos de responsabilidade como dirixente político ao lado de homes como Vítor Casas e Alexandre Bóveda, os seus compañeiros máis entrañables.

O inicial contacto de Castelao con Pontevedra viría dos seus tempos de estudiante cando, cal un membro máis da tuna compostelá, actuara no Liceo Casino, Unha sociedade na que pro-nunciará conferencias sobre a súa concepción do humorismo, e nas que eXecuTaba caricaturas en vivo nos días en que era un pontevedrés máis.

O Teatro Principal tamén foi testemuña da andaina artística de Castelao como escenógrafo e actor ocasional de cine. Así, varias das súas decoracións para a Polifónica foron presentadas neste coliseo servindo de fondo a concertos da Coral e mesmo tamén a sesións da "Filarmóni-ca" de Pontevedra, unha entidade á que estivo ligado e para quen deseña o seu emblema societario.

A pantalla do Principal coñecerá a estrea en 1917 da película titulada Miss Ledya, un filme si-lente no que Castelao aparece como actor representando o papel dun pastor protestante..


7 MONUMENTO A CASTELAO
 

Pola rúa dona Tereixa subimos cara o antigo "lampán dos xudeos". atopámonos alí co espacio que acolle o monumento erixido a partir dunha campaña popular pola que os pontevedreses homenaxearon a Castelao ao pouco da restauración das liberdades democráticas.

A peza é un bronce do escultor Buciños erguido a instancias dos "Amigos da Cultura", asociación cultural impulsora da iniciativa no ano 1983.

Pero non é este o único monumento que os pontevedreses lle adicaron a Castelao. Foron os exiliados e emigrados na Arxentina os verdadeiros pioneiros cando levantaron en 1951 no seu Pazo Galego do Centro Pontevedrés de Buenos Aires un monumento do cal foi autor Ángel Alén Buceta.

Pola rúa Santa María diríximonos cara á Casa do Concello e desde alí lembraremos o xa des-aparecido Cafe Royalty da rúa Michelena, que Castelao decorara con pinturas murais nas que recreaba humoristicamente personaxes populares da comarca como Antoniña, O Cego de Pa-drenda, o Toureiro de Redondela ou o Futbolista Popó.
 

8 O INSTITUTO

Tamén na praza que se abre ante o Concello reencontrámonos coa primeira moradía de Castelao en Pontevedra, xusto o lugar onde comeza a imaxinar as estampas de Nós.

Alí perto, as Ruínas de San Domingos e tamén o seu cruceiro sinalan o camiño cara tres edificios que sentiron a pegada de Castelao: os institutos e o pazo da Deputación. chegamos pola rúa Pasantería.

Desde 1916 Castelao é mestre auxiliar de debuxo no Instituto de Pontevedra, un centro escolar onde coincide co galeguista Losada Diéguez e profesores e catedráticos como Sobrino Buhigas e Osorio Tafall. Será con eles con quen pon a andar un pequeno museo no Instituto, claro ensaio do que logo será o Museo de Pontevedra. Tamén participa cos mesmos estudiosos en traballos de campo para a localización de petroglifos, á vez que se converte en mestre e valedor de mozos como Xosé Sesto, Turas, Castro Arines ou Ramón de Valenzuela.

Outros artistas gozan así mesmo da súa protección ao pular por eles desde o seu papel como promotor intelectual de bolsas de estudios que a Deputación aporta desde 1925 a pintores e escultores como manuel Torres, Arturo Souto, Maside, Colmeiro ou Laxeiro.


9 CAFÉ MODERNO
 

Deixamos a Alameda lembrando os paseos de Castelao pola Moureira, a súa amizade con vellos mariñeiros como o Panderetas e os debuxos e estampas que realizou tendo a procesión de san roquiño como protagonista.

El, que deixou escrito que nunca fora a unha corrida de touros, asistiu sen embargo no coso taurino a aqueles festivais de gaitas nos que coñece o famoso Gaiteiro de Soutelo, aos certames de Danzas de Espadas, a festa dos maios ou á celebración do Primeiro de Maio de 1936.

Cruzamos os xardíns das Palmeiras e achegámonos á Praza de San Xosé onde se situaba o Café Moderno, aquel lugar onde Castelao era un integrante máis das tertulias que animaban vellos republicanos aos que escoitaba con atención, apuntando anécdotas que logo servirían de inspiración a moitas das súas personaxes literarias. nas mesas deste modernista café prepara-ba a diario as súas estampas humorísticas para xornais como o madrileño El Sol, o coruñés El Ideal Gallego, o ourensán La Zarpa ou os vigueses Galicia, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo.

10 RÚA DA OLIVA
 

Deixamos o Moderno sen esquecer a cercanía de tres espacios desaparecidos. A parada daquel lendario tranvía a Marín que Castelao recreou nunha das súas Cousas, a Estación do Ferrocarril desde onde partiu en 1934 para o seu desterro na EStremadura e aquel Hotel Madrid no que se fundara o Partido Galeguista.

O rueiro lévanos pola Oliva e mediada esta rúa atopámonos no número 10 coa casa onde moraron por máis tempo en Pontevedra Castelao e Virxinia.

Foi nela onde realizou a maior parte da súa obra gráfica e artística e onde escribiu ou imaxinou todas as súas obras literarias. Títulos como Un ollo de vidro, Retrincos, Cousas e a novela Os dous de sempre naceron neste fogar pontevedrés. Nel foi incautada tras o golpe militar de 1936 a súa espléndida biblioteca e as ducias de cadros que alí conservaba. Hoxe boa parte deles custódianse no Museo de Pontevedra.

Veciño era o obradoiro do impresor Julio Antúnez onde saiu do prelo en 1929 A súa obra As cruces de pedra na Bretaña. Os cruceiros das terras bretonas estúdiaos en 1929 no trancurso dunha viaxe que realiza na compaña da súa dona Virxinia Pereira a fin de superar a morte dE Alfonsiño, o seu único fillo, acaecida un ano antes en Pontevedra.
 

11 CAFÉ MÉNDEZ NÚÑEZ
 

Rematando a camiñada a memoria doutro café desaparecido recrea a orixe pontevedresa da revista Nós, da que Castelao foi director artístico. En torno dunha mesa de mármore do Café Méndez Núñez trazou xunto a Vicente Risco o nacemento daquela publicación de vital importancia para o renacemento cultural galego, por un tempo imprentada en Pontevedra no obradoiro de Poza da rúa Michelena.

Moita da correspondencia de Castelao foi escrita neste local e nel tamén deu os primeiros pasos para crear un posible Centro de Investigacións Históricas de Pontevedra. O "Méndez" lindaba coa botica de Perfecto Feijoo, o creador de "Aires da Terra", Un coro de música popular galega onde o noso artista mostrou a súa man co bombo relembrando aqueles seus tempos de tuno.
 

Frente ao Méndez Núñez outra botica servía como punto de xuntanza dos "Karepas". Trátabase dun fato de mozos que animaron as festas e o deporte local en torno ao boticario Xaquín Maquieira. Moi perto de alí, Na rúa Peregrina, o portal do estudio do fotógrafo Sáez Mon serviu de marco para unha exposición pictórica de Castelao. a poucos metros na estación de radio EAJ-40, xa como líder galeguista, lanzou ás ondas discursos en 1936 A prol do Estatuto de Galicia.

 

 

O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 15.10.2009 polo Concello de Pontevedra.