Pontevédrate...

O concello é de estilo ecléctico. Destaca o balcón central, peza clave na arquitecturadas casas consistoriais, xunto co remate co reloxo e o escudo da cidade. O seu arquitecto,Sesmero, tamén deseñou a escaleira de fundición con dous tiros que seunificaban nun rechán para o interior, hoxe substituída por unha de pedra

Río Verdugo

 

lonxitude: 8.300 m
duración: 3 horas e media
dificultade: baixa
 
percorrido:
 
Comeza na ponte medieval do Verdugo, para logo percorrer a beira do río e acadar a capela de San Xosé. Achégase posteriormente ao río Ulló,  cunha ampla mostra de muíños e o castro próximo. Remata a andaina nos límites do concello de Pontevedra con Soutomaior.
 
 Este percorrido combina o medio fluvial do treito final do río Verdugo e a enseada de San Simón, espazo protexido que pertence á Rede Natura 2000. As ribeiras do río Verdugo conservan importantes mostras de bosques en galería formados por amieiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix atrocinerea). A chaira intermareal, onde desemboca o río, presenta pradeiras de cebas (Zostera) e importantes bancos de bivalvos. Asociada a esta alta produtividade biolóxica, este espazo mantén un gran número de aves que o frecuentan nas épocas de paso e de invernada, entre as que destacan as anátidas. No ámbito da arquitectura civil cómpre destacar a Ponte Sampaio, onde tivo lugar un famoso enfrontamento entre as tropas francesas e os veciños das localidades próximas, e que forma parte do Camiño Portugués pola Costa. No apartado relixioso, a visita lévanos á capela de San Xosé, localizada nun alto de fermosas vistas panorámicas.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.09.2011 polo Concello de Pontevedra.