Pontevédrate...

A casa do Barón de Casa Goda, antiga residencia dos Condes de Maceda, é hoxe Parador de Turismo, un pazo renacentista do s XVII

Río Almofrei

 

lonxitude: 5.100 m         
duración: 2 horas
dificultade: media           
coordenadas UTM: 29T X: 537.020 Y: 4.698.208
 
percorrido: 
 
Percorrido duns 5.100 m, de dificultade media que comeza na localidade de San Lourenzo de Almofrei. Desde este punto descende a ruta cara ao río. Próximos á ponte existen dous muíños e o primeiro contacto co medio fluvial. Logo de percorrer as dúas beiras deste treito do río ascende o camiño de novo cara á poboación de inicio.  
 
 
​O río Almofrei nace preto do lugar de Fraguas, na parroquia de Santiago de Caroi, pertencente ao concello de Cotobade, na aba do monte Seixo. Despois de atravesar algunhas parroquias de Cotobade, intérnase en Pontevedra, para deitar as súas augas no río Lérez, no lugar de Ponte Bora. Cunha conca de 77,5 km2, ao longo do seu percorrido podemos localizar numerosos muíños hidráulicos, un batán, e algunhas praias e piscinas fluviais. Ao seu caudal contribúen diversos regatos como o da Pereira, o de Chan das Latas, o do Pego ou o de Borela, o máis importante de todos. Débelle o seu nome á parroquia de Almofrei, topónimo de orixe xermana que foi latinizado coma Ermaufredus. Ao longo deste percorrido podemos observar o típico bosque de ribeira galego, con especies tan recoñecibles coma o freixo ou o amieiro.
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.03.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.09.2011 polo Concello de Pontevedra.