Pontevédrate...

A Illa do Cobo, tamén chamada das Esculturas, é do pouco que queda sen edificar das antigas xunqueiras do Lérez

Enseada de San Simón

 

lonxitude: 8.300 m
duración: 1 hora
dificultade: baixa
coordenadas UTM: 3534657/ 309294
 
 
 
percorrido:
 
Comeza na ponte medieval do Verdugo, para logo percorrer a beirado río e acadar a capela de San Xosé. Achégase posteriormente ao río Ulló,  cunha ampla mostra de muíños e o castro próximo. Remata a andaina na beira da Enseada de San Simón, onde se poden contemplar as aves acuáticas que habitualmente se atopan neste espazo natural.
 
O percorrido combina o medio fluvial do treito final do río Verdugo e a enseada de san Simón, que pertence á Rede Natura 2000. As ribeiras do río Verdugo conservan mostras de bosques en galería formados por amieiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix atrocinerea). A chaira intermareal presenta pradeiras de cebas (Zostera) e importantes bancos de bivalos. Asociada a esta alta productividade biolóxica, este espazo presenta un gran número de aves que o frecuentan nas épocas de paso e de invernada entre as que destacan as anátidas, que acadan máis de 5.000 individuos, como o pato asubiador (Anas penelope), o alavanco común (Anas platyrhynchos), o parrulo rubio (Aythya ferina), o pato cullerete (Anas clypeata) e o pato rabilongo (Anas acuta).
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 28.04.2017 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 23.09.2011 polo Concello de Pontevedra.