Rúas de Pontevedra

Pontevédrate...

No último cuarto do XIX actúan no interior do recinto amurallado, ensánchanse epaviméntanse gran cantidade de rúas e derrúbanse moitos tramos de soportais

Un paseo de papel

 

É unha honra para o alcalde prologar unha publicación que leva por título "Rúas de Pontevedra", e na que se repasan, un por un, boa parte dos espazos públicos da capital nun paseo de papel cheo de harmonía e erudición.
 
 
Fotografías de calidade que nos guían visualmente por todos os recunchos da cidade. E textos ben escritos e mellor documentados que conforman un precioso material divulgativo para coñecer detalles, anécdotas e situacións que a cidade foi xenerando ao longo do tempo. Un libro sobre a nosa historia urbana, que ven ampliar as bibliotecas da capital, o orgullo urbano e a certeza de que Pontevedra chega a nós despois de trazar gran percorrido pola cultura de cada época.
 
 
A cidade é un ser vivo que vai movéndose coa enerxía das súas xentes, e eso reflíctese tamén nestas páxinas. Podemos comprobar con facilidade cómo foi transformándose nos últimos tempos, gañando vida e dinamismo polos catro costados. E como a transformación continúa máis viva ca nunca, podemos concluir que moitos dos espazos aquí recollidos serán historia en poucos anos.
 
 
Este libro vainos servir para recoñecer o estado da cidade hoxendía, dez anos despois de iniciado o século XXI, polo que podemos consideralo o xérmolo que en futuras edicións irá medrando coa Pontevedra que se renova por momentos para entregarse con máis agarimo ao estilo de vida do noso tempo.
 
 
Disfrutade do precioso exercizo de memoria histórica relatado nestas páxinas acaídas e amables que nos farán querer máis intensamente este fermoso anaco de mundo chamado Pontevedra.
 
 
 
 
Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde de Pontevedra

 

    O máis buscado
    Navegador

    O Concello

    Pontevédrate

    Áreas

    Pontevedra participa!

    E máis

    Hoxe é 20.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 07.11.2011 polo Concello de Pontevedra.