Rúas de Pontevedra

Pontevédrate...

O concello é de estilo ecléctico. Destaca o balcón central, peza clave na arquitecturadas casas consistoriais, xunto co remate co reloxo e o escudo da cidade. O seu arquitecto,Sesmero, tamén deseñou a escaleira de fundición con dous tiros que seunificaban nun rechán para o interior, hoxe substituída por unha de pedra

Sagasta

 

Entre as rúas Peregrina e Benito Corbal, a rúa Sagasta creouse para unir o que a finais do século XIX non eran máis que dúas estradas, as de Vigo e Ourense. A morte, en 1902, de Práxedes Mateo Sagasta fixo que un ano despois a rúa levase o nome deste político. O seu maior atractivo volve ser a vida comercial, como xa acontecía en Benito Corbal con numerosos establecementos adicados ó mundo da moda. 
 
Pero tamén hai nomes que aínda nos levan a un pasado non moi afastado, entre eles a discoteca Shiva que, xunto con Daniel, era un dos centros de baile nocturno máis frecuentados durante décadas e no que o teimudo Ravachol resucitou no ano 1985 da man do coñecido como Pepe Shiva. Fronte a ela atópase a cafetería Sagasta rexentada en tempos polo coñecido de xeito popular como ‘caballito’, curioso personaxe que neste local ofertaba a venda de bolas de pan de Santiago como se se tratara dun produto de contrabando agochado trala súa barra. Tamén o ‘Bazar Silva’, cheo de novidosas mercadorías, agora xa pechado, e, o seu carón, ‘Ciclos Otero’, enchen a nosa memoria cos recordos de establecementos e clientes dun tempo xa pasado.
 
Agora a renovación de establecementos foi case completa nesta rúa, na que aínda temos un clásico no mundo infantil, a tenda de Kalfer; e outro de mobles, Muebles Míguez. Xunto a eles novos nomes como Juan Blanco, Antonio Pernas, Tous, Ferpes, Benetton ou Coren...que foron transformando o seu aspecto e o achegaron a un novo concepto do mundo comercial, cheo de tendencias e novidades. 
 
Pero non só o que está á vista é a oferta desta rúa, senón que dende ela podemos achegarnos ata o interior de dúas galerías comerciais, a primeira as galerías Virxe do Camiño, onde no seu interior se agolpan diferentes negocios adicados á alimentación, e un pouco máis adiante, no seu último tramo antes de chegar á rúa Peregrina, atopamos a entrada a un recuncho fermoso ó amparo dun gran patio interior e que se amosa decorado con mosaicos que lle conceden un aspecto moi íntimo. No seu interior pequenos comercios adicados a reparación de calzado ou electrodomésticos xuntanse co gran protagonista deste espazo como é a bocatería Tris-Tras.
 
Amósase Sagasta, polo tanto, como unha especie de prolongación da actividade comercial de Benito Corbal, pero tendo unha identidade propia, algo que lle confire a presenza desas palmeiras que xunto cuns espazos para permitir o peón que se sente, fai esquecer a antiga función de rúa de saída de automóbiles, como se amosa na imaxe antiga da rúa onde as sinais indican diferentes direccións.
 
 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 20.05.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 26.10.2011 polo Concello de Pontevedra.