Rúas de Pontevedra

Pontevédrate...

En1892 prodúcese unha das maiores protestas populares, protagonizada por pescadeiras eleiteiras polo pago dos «consumos»; dous anos máis tarde, terán lugar os disturbios contra oImposto de cédulas persoais

César Boente

 

É o tramo de rúa que segue á rúa Don Gonzalo e permite o acceso ó Mercado de Abastos, e case no seu remate permite tamén a entrada á Praza da Pedreira, onde se atopa o Pazo de Mugartegui. Desemboca na rúa Serra, que antigamente era como se coñecía a esta rúa de César Boente, ata que no ano 1922 se lle puso o nome deste fusilado en Zaragoza, César Boente Álvarez, e para non esquecer o nome de Serra denominouse así a rúa que pasa por diante do Mercado.
 
A actividade que xera o Mercado, ou a Praza, como se coñece entre os pontevedreses, vai ser a que defina o seu dinamismo e o pulo que amosa ó longo de toda a xornada. Durante anos moitos pequenos comercios adicados ó téxtil foron pechando e agora estes deixaron paso a Barcia, Ernesto Filgueira ou Carrasco, pechado recentemente. Xunto a eles establecementos como a Panadería El Palacio, Avícola Basilio, Textilar, Moliner ou Academia de Enseñanza César Boente son os que fan que esta rúa apareza chea de persoas, moitas delas con bolsas onde levan o resultado das súas compras.
 
Outro aspecto salientable da rúa é a presenza de inmigrantes, xentes procedentes doutras latitudes que chegan á nosa cidade para gañar a vida. Ocupan pensións e abren algún que outro negocio desta rúa adicado á venda de bolsos ou cinturóns. É o reflexo dun novo tempo de chegada de inmigrantes a unha terra que ben sabe de que estamos falando, que son ben acollidos na nosa tranquila cidade que, como sempre, fai gala do seu carácter acolledor con aqueles que elixen a nosa cidade como destino para botar a andar unha nova vida. 
 
Son estas as crónicas dunha existencia nova que se enguedellan con historias de vellos, de cando a cidade de Pontevedra era pouco máis ca unha aldea. Hipólito de Sa fálanos desta rúa como da barrilería, xa que nela se apostaban os toneleiros que arranxaban as pipas do viño, mostrando en plena rúa os froitos do seu traballo. Esta actividade prolongábase tamén ó longo da actual rúa Serra.
 
Pero a memoria de Hipólito de Sa acorda moitos máis negocios, como a fábrica de curtidos de Echevarría; as lexías de Hinojal, as gaseosas de Barros Franco, os baúles do señor Alejandro, e tamén lembra como os sons eran diferentes, de talleres e de oficios que co ruído do seu traballo ambientaban unha rúa que agora ten nas conversas da xente que baixan ata a praza a súa sintonía habitual. Amas de casas preocupadas pola comida das súas familias, restauradores na procura dos alimentos para que gocen os seus clientes..., en definitiva unha vila activa con espazos como este, cheos de vida e de movemento.
 
O máis buscado
Navegador

O Concello

Pontevédrate

Áreas

Pontevedra participa!

E máis

Hoxe é 24.07.2019 | contacto@pontevedra.eu | Páxina editada o 22.10.2011 polo Concello de Pontevedra.